viernes, 21 de abril de 2017

OBRADOIRO: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA


Hoxe día 21 de abril visitáronnos as PANS (Profesoras de Alimentación e Nutrición Saudable) ou o que é o mesmo o Obradoiro "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA”. 
Con esta campaña que deu comezo no ano 2010, a Consellería do Medio Rural e do Mar coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería Sanidade e Anfaco-Cecopesca, pretende achegar o mundo das conservas de peixes e mariscos e os seus valores nutritivos a nenos e nenas dunha forma divertida e sinxela.

O Obradoiro consistiu na elaboración de bocadillos a base de conservas de atún, sardiña e mexillón e combinados con distintos vexetais e tamén nunha explicación dos contidos relativos aos valores nutritivos das conservas de peixes e mariscos.

Un bocata de conservas do mar leva dentro toda a enerxía que necesitas para alcanzar todas as túas metas. As conservas do mar son ricas en proteínas moi importantes para crecer e levan vitamina B12 que é fundamental.

Fixemos crebacabezas, xogos e degustamos uns estupendos bocatas. Os nosos alumnos probaron as diferentes conservas ofertadas no obradoiro pero a que tivo maior aceptación á hora de confeccionar os bocadillos foron as sardiñas. 






Mais información en: 

http://www.ponlleaspilasaoteubocata.xunta.es/

Galeria de imaxenes do Obradoiro.