viernes, 27 de febrero de 2015

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

   Continuación da información ás familias do Proxecto:"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA” a través das circulares. 
   Elaborouse unha nova nota con información sobre o fin do  2º período de froita no noso colexio.

 Nota fin 2º período de froita na escola.


DISTRIBUCIÓN DE FROITA NA NOSA ESCOLA 2º PERÍODO

 
 Continuamos co 2º período (23/02/15 - 1/03/15) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de febreiro. As froitas entregadas foron: kiwi, laranxa, mandarina, pera e mazá.  

   A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.

   Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.

   Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.

   Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición:


viernes, 20 de febrero de 2015

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

   Continuación da información ás familias do Proxecto:"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA” a través das circulares. 
   Elaborouse unha nova nota con información sobre o 2º Período da distribución da froita no noso colexio.

 Nota 2º Período da Froita