viernes, 28 de octubre de 2016

RECOLLIDA DATOS DE CONSUMO DOS PRODUTOS DO PROXECTO

Dentro dos obxectivos que nos propuxemos para este curso está o de coñecer o consumo real de froita, conservas e peixe dos nosos alumnos no centro. 
Realizarase un control durante todo o curso sobre o consumo destes alimentos no comedor do colexio en Primaria. 
O número total de alumnos do estudo é de 28 repartidos por todos os cursos.

Para levar a cabo o estudo recolleremos os seguintes datos:

  • Dentro do consumo de froita: recolleranse datos de todas as variedades consumidas. 
  • Dentro do consumo de conservas: os datos recolleitos farán referencia só ao consumo de sardiñas.
  • Dentro do consumo de peixe: recolleremos datos sobre consumo de peixe fresco, conxelado e de peixe conxelado rebozado.
Os datos serán recolleitos mensualmente, trimestralmente e anualmente (curso) e publicados neste blogue.



domingo, 23 de octubre de 2016

VISITA Á ADEGA SANTA MARTA


O día 21 de outubro visitamos a adega Santa Marta en Córgomo. 


Nela, aprendemos o proceso de elaboración do viño, dende que chegan as uvas a adega, tras a vendima, ata o embotellado.








Moi contentos saímos do cole, era a primeira excursión para os nenos e nenas de Educación Infantil.




Coñecemos os diferentes tipos de uvas, aprendemos sobre a súa fermentación,.... 










Vimos o seu etiquetado
e envasado... EN DIRECTO!











Convertémonos en Someliers ulindo e observando os diferentes tipos de viño que nos ofrecen as terras de Valdeorras.                
            


          
Merendamos na adega e marchamos para o cole de novo.








Foi toda unha experiencia para os nosos alumnos como podedes ver nestas imaxes:





Moitas grazas a adega Santa Marta por ser tan amables connosco.

Mirade algúns traballos que fixeron os nenos e nenas sobre o visto na saída:





viernes, 14 de octubre de 2016

SOLICITUDE PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN

    Informámoslles que con data de hoxe día 14 de outubro o centro solicitou de novo o Programa Aliméntate ben do Plan Proxecta nas modalidades de:

  1. Froita na escola.
  2. Lácteos na escola.
  3. Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar).
  4. O sabor da aventura está no mar.



lunes, 10 de octubre de 2016

INFORMACIÓN AS FAMILIAS (LÁCTEOS)

   Elaborouse unha nova nota con información sobre o comezo da distribución do leite no noso colexio.

Nota modalidade: Lácteos na escola



COMEZA A DISTRIBUCIÓN DO LEITE NO NOSO COLEXIO

    Hoxe comezamos coa distribución de leite no noso colexio dentro da modalidade de Lácteos na escola, despois de concedernos a axuda solicitada para a subministración de leite aos nosos alumnos a través do FOGGA (Consellería do Medio Rural e do Mar).
    A partir desta semana e ata final de curso proporcionarase leite aos alumnos, subvencionada polo Plan de Leite nas escolas. O leite será repartido no comedor á hora do recreo e do xantar a todos aqueles alumnos que a soliciten. 
    Pídese ao alumnado e ás súas familias que aproveiten esta axuda e consuman leite na escola.



viernes, 7 de octubre de 2016

SEMANA DA UVA E A VENDIMA

Un ano mais para comezar co noso futuro proxecto, do 3 ao 7 de outubro celebramos a semana das uvas e a vendima para coñecer mellor este froito típico da nosa terra. 
As actividades levadas a cabo este ano foron: 
Unha pisada de uvas, o visionado dunha presentación e traballos en plástica. 
A xornada comezou cunha presentación na que os rapaces e rapazas podían ver como se facía o viño na antigüidade, os instrumentos necesarios, como era a vendima nos tempos dos seus avós,....




Despois fixemos no centro unha pisada de uvas para elaborar mosto de maneira tradicional.


 


Traballamos nas aulas: as uvas e a vendima.

Que bonitos lles quedan os acios aos máis pequenos!




















Traballos dos alumnos de primeiro e segundo.