lunes, 23 de octubre de 2017

UN PASEO POLO HORTO

Aínda que no noso colexio levamos traballando o tema dos produtos ecolóxicos desde o curso 2011-2012 a través dun horto escolar dentro do Programa Voz Natura, este ano quixemos ademais apuntarnos á modalidade: "Fai eco do lóxico" dentro do programa Alimentate ben do Plan  Proxecta.

Fai do eco lóxico

É unha modalidade dirixida aos centros educativos, impulsada polo  Craega dentro do programa “Aliméntate Ben”  do ” Plan  Proxecta” . Ten como obxectivo principal fomentar o consumo de produtos ecolóxicos a través do coñecemento dos seus beneficios para a natureza e para ti.Como xa sabemos, os produtos ecolóxicos son os que están libres de pesticidas, aditivos sintéticos e non teñen organismos xeneticamente modificados, ademais respectan o medio ambiente. Achegándonos a produción ecolóxica gañamos todos.

Nós levamos varios anos traballando o noso horto de maneira ecolóxica sen pesticidas e aditivos sintéticos e conseguindo uns produtos de boa calidade que consumimos no noso comedor escolar.
Ao longo do ano plantamos e  sementamos diferentes produtos segundo as estacións.  
Todos os anos os nosos alumnos deixan en funcionamento o horto no mes de xuño e durante o verán os mestres encargámonos de regalo e coidalo para que cando volvan en setembro recollan os produtos.

Cando chegaron os nosos alumnos do verán, recollemos os nosos froitos, aquí tedes unha mostra:
Arrincamos os nosos allos e puxémolos a secar.









 


 

Degustámolos no comedor:





viernes, 20 de octubre de 2017

SOLICITUDE PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN

Informámoslles que con data de hoxe día 20 de outubro o centro solicitou de novo o Programa Aliméntate ben do Plan Proxecta nas modalidades de:

  1. Froita na escola.
  2. Lácteos na escola.
  3. Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar).
  4. O sabor da aventura está no mar.
  5. Fai eco do lóxico.
  6. Xermoliño.