miércoles, 7 de diciembre de 2016

SABEMOS O QUE COMEMOS

  Continuando coas actividades para traballar a alimentación saudable, este ano seguimos participando no programa Voz Natura cun horto escolar no que os nenos plantan, sementan, coidan e recollen os seus propios produtos.

   No mes de setembro comezamos a preparar o noso horto de inverno, plantaramos e sementaramos repolos, brócoli, coliflor, lombarda e grelos. Hoxe día 7 de decembro continuamos sementando guisantes, fabas lobas e allos.




   Todos os produtos que saen do noso horto son recolleitos polos alumnos e consumidos no noso comedor dentro do menú diario. 


domingo, 4 de diciembre de 2016

DATOS DE CONSUMO DOS PRODUTOS NO MES DE NOVEMBRO


Os datos de consumo do mes de novembro foron os seguintes: 


O consumo de froita foi bo en todas as variedades de froita consumidas.


O consumo de sardiñas ao longo do mes de novembro foi moi alto. Case todos os alumnos probáronas e comeron.


En canto ao consumo de peixe mellorou un pouco respecto ao mes anterior.

lunes, 14 de noviembre de 2016

NOVO PROXECTO: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA III"

    Hoxe saíu publicada a resolución dos proxectos admitidos do Plan Proxecta e foinos concedido un ano máis o Programa Aliméntate ben.

    O noso novo proxecto é:

"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA III"

 Este ano queremos continuar traballando os obxectivos formulados o longo dos cursos anteriores nos nosos proxectos. Volveremos a traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo da froita, dos lácteos, das conservas e do consumo de produtos do mar ;dentro do Programa Aliménta-T ben da Consellería do Medio Rural e do Mar no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.



    O programa aproxima aos nenos e nenas ao medio rural e mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas, destinadas a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables. O alumnado pode experimentar, observar e chegar a descubrir as súas características e propiedades tan necesarias para nós. 

  O noso centro participa nas cinco modalidades do programa que son:

  1. Froita na escola.
  2. Lácteos na escola.
  3. Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar).
  4. O sabor da aventura está no mar.
  5. Xermoliño


Froita na escola:



    Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de froita entre o alumnado de 3 a 16 anos de centros escolares.
    Poderán ser destinatarios da axuda o alumnado que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:
  • Segundo ciclo de educación infantil.
  • Educación primaria.
  • Educación secundaria obrigatoria.


Lácteos na escola:



    Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de produtos lácteos.

Destinatarios
  Serán destinatarios desta axuda o alumnado que asistan regularmente aos centros ou establecementos escolares, recoñecidos polas autoridades competentes, dos niveis de ensino de educación infantil, primaria e secundaria.


Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar):


  Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma. 
“As conservas temos unha chea de enerxía para o teu bocata”
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer.     Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.
  As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. serviranche para elaborar os teus propios bocatas!  Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!


O sabor da aventura está no mar:


Obxectivos:
  • Fomentar o consumo de peixe entre o alumnado de educación primaria
  • Familiarizar ao alumnado con mundo da pesca
  • Transmitir aos escolares a importancia do peixe e marisco na dieta
  • Coñecer as diferentes especies

    Esta campaña ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias. Os seus destinatarios son os escolares e os seus mestres/as. 


Xermoliño




    Esta modalidade ter por obxectivo producir un cambio de hábitos alimentarios na poboación infantil.

   

viernes, 4 de noviembre de 2016

O MAGOSTO

 CHEGOU O OUTONO

"...O MES DE NOVEMBRO, 
CASTAÑAS NOS DÁ.
ASADAS, TOSTADAS...
QUE RICAS ESTÁN!"

   O venres 4 de novembro reunímonos toda a comunidade educativa para festexar o magosto. 

                                       


   
   No Magosto Escolar as nosas actividades xiraron entorno á castaña como alimento saudable e froito típico da nosa zona.
   A nosa festa é unha invitación a pais/nais, antigos alumnos, Concello,... e para nós. 




   

É fundamental agradecer a labor da ANPA, dos nosos pais e nais e a achega do Concello para poder levar a cabo este día.






   Nela comemos un gran xantar: Bolos preñados, empanada, bica, refrescos, froita, e por suposto castañas asadiñas.







  


E despois dun gran xantar, un pouquiño de actividade. 






   Os mestres/as organizaron un circuíto de xogos, catro en total, coa castaña como protagonista. 
   Este ano, debido ao mal tempo os xogos foron realizados no pavillón.

Xogo: Os birlos
  
   Xogo que consiste en lanzar castañas a un grupo de paus, postos en pé en varias ringleiras, para derribalos en tres tiradas.
    


Xogo: Puntería con castañas

   Cada neno/a ten que tirar as castañas cara o panel intentando que estas entren polos buracos do mesmo. Canto máis pequeno sexa o buraco, máis puntos se acadarán.




Xogo: Gincana con castañas
  
   Os nenos e nenas teñen que sortear diferentes obstáculos cunha castaña colocada nunha culler, sen que esta caia o chan.



Xogo: A castaña musical

  1.-Os nenos e nenas, sentados en círculo, ao son da danza do sable, deben pasarse unha castaña coa man sen que toque o chan.

  2.- Os rapaces e rapazas terán que levar a cabo unha serie de consignas asociadas ao son dun instrumento musical, cunha castaña na cabeza sen que esta caia.
  


Mirade que ben o pasamos: 


DATOS DE CONSUMO DOS PRODUTOS NO MES DE OUTUBRO

Os datos de consumo do mes de outubro foron os seguintes: 


O consumo de froita foi moi bo en todas as variedades de froita consumidas.


O consumo de sardiñas ao longo do mes de outubro foi moi alto. Case todos os alumnos probáronas e comeron.


En canto ao consumo de peixe como case sempre nos primeiros meses de comedor non foi moi bo, existindo días nos que moitos alumnos non o comían.

viernes, 28 de octubre de 2016

RECOLLIDA DATOS DE CONSUMO DOS PRODUTOS DO PROXECTO

Dentro dos obxectivos que nos propuxemos para este curso está o de coñecer o consumo real de froita, conservas e peixe dos nosos alumnos no centro. 
Realizarase un control durante todo o curso sobre o consumo destes alimentos no comedor do colexio en Primaria. 
O número total de alumnos do estudo é de 28 repartidos por todos os cursos.

Para levar a cabo o estudo recolleremos os seguintes datos:

  • Dentro do consumo de froita: recolleranse datos de todas as variedades consumidas. 
  • Dentro do consumo de conservas: os datos recolleitos farán referencia só ao consumo de sardiñas.
  • Dentro do consumo de peixe: recolleremos datos sobre consumo de peixe fresco, conxelado e de peixe conxelado rebozado.
Os datos serán recolleitos mensualmente, trimestralmente e anualmente (curso) e publicados neste blogue.



domingo, 23 de octubre de 2016

VISITA Á ADEGA SANTA MARTA


O día 21 de outubro visitamos a adega Santa Marta en Córgomo. 


Nela, aprendemos o proceso de elaboración do viño, dende que chegan as uvas a adega, tras a vendima, ata o embotellado.








Moi contentos saímos do cole, era a primeira excursión para os nenos e nenas de Educación Infantil.




Coñecemos os diferentes tipos de uvas, aprendemos sobre a súa fermentación,.... 










Vimos o seu etiquetado
e envasado... EN DIRECTO!











Convertémonos en Someliers ulindo e observando os diferentes tipos de viño que nos ofrecen as terras de Valdeorras.                
            


          
Merendamos na adega e marchamos para o cole de novo.








Foi toda unha experiencia para os nosos alumnos como podedes ver nestas imaxes:





Moitas grazas a adega Santa Marta por ser tan amables connosco.

Mirade algúns traballos que fixeron os nenos e nenas sobre o visto na saída:





viernes, 14 de octubre de 2016

SOLICITUDE PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN

    Informámoslles que con data de hoxe día 14 de outubro o centro solicitou de novo o Programa Aliméntate ben do Plan Proxecta nas modalidades de:

  1. Froita na escola.
  2. Lácteos na escola.
  3. Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar).
  4. O sabor da aventura está no mar.



lunes, 10 de octubre de 2016

INFORMACIÓN AS FAMILIAS (LÁCTEOS)

   Elaborouse unha nova nota con información sobre o comezo da distribución do leite no noso colexio.

Nota modalidade: Lácteos na escola



COMEZA A DISTRIBUCIÓN DO LEITE NO NOSO COLEXIO

    Hoxe comezamos coa distribución de leite no noso colexio dentro da modalidade de Lácteos na escola, despois de concedernos a axuda solicitada para a subministración de leite aos nosos alumnos a través do FOGGA (Consellería do Medio Rural e do Mar).
    A partir desta semana e ata final de curso proporcionarase leite aos alumnos, subvencionada polo Plan de Leite nas escolas. O leite será repartido no comedor á hora do recreo e do xantar a todos aqueles alumnos que a soliciten. 
    Pídese ao alumnado e ás súas familias que aproveiten esta axuda e consuman leite na escola.



viernes, 7 de octubre de 2016

SEMANA DA UVA E A VENDIMA

Un ano mais para comezar co noso futuro proxecto, do 3 ao 7 de outubro celebramos a semana das uvas e a vendima para coñecer mellor este froito típico da nosa terra. 
As actividades levadas a cabo este ano foron: 
Unha pisada de uvas, o visionado dunha presentación e traballos en plástica. 
A xornada comezou cunha presentación na que os rapaces e rapazas podían ver como se facía o viño na antigüidade, os instrumentos necesarios, como era a vendima nos tempos dos seus avós,....




Despois fixemos no centro unha pisada de uvas para elaborar mosto de maneira tradicional.


 


Traballamos nas aulas: as uvas e a vendima.

Que bonitos lles quedan os acios aos máis pequenos!




















Traballos dos alumnos de primeiro e segundo.



miércoles, 21 de septiembre de 2016

NOVO CURSO 2016-2017

    Un ano máis plantexámonos un novo proxecto relacionado coa necesidade de cambiar os hábitos alimenticios dos nosos alumnos.

    Co traballo dos cursos pasados no noso centro, dentro dos proxectos “Froita para unha vida” (curso 12-13), “Conservas, lácteos e froitas para unha vida sa” (curso 13-14), "Aliméntate ben para unha vida sa" (curso 14-15) e "Aliméntate ben para unha vida sa II" (curso 15-16) do Plan Proxecta, comprendemos que a escola serve como marco educativo para que as novas xeracións aprendan e adquiran uns hábitos de vida e actitudes saudables, e ao mesmo tempo, o menú e o aperitivo da mañá debe garantirlles unha alimentación sa e equilibrada que favoreza a súa saúde, o seu crecemento e desenvolvemento. Alimentación sa que moitas veces non reciben nas súas casas.

    Este ano coa renovación de gran parte do claustro do noso colexio ademais de traballar os obxectivos formulados nos nosos proxectos anteriores cunha nova perspectiva, pretendemos renovar e aumentar as actividades para levarlos a cabo. 

   Volveremos traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo da froita, dos lácteos, das conservas e do consumo de produtos do mar. Estamos convencidos que todo o noso traballo redunda en beneficio dos nosos alumnos e das súas futuras familias. 

    Todo isto dará orixe nos próximos días a un novo proxecto para este curso do cal vos informaremos puntualmente.

    Moitas grazas a toda a comunidade educativa por colaborar sempre connosco nos nosos proxectos. 

miércoles, 22 de junio de 2016

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA





Un ano máis damos as grazas a toda a comunidade educativa do Ceip Xosé Manuel Folla Respino por colaborar connosco no noso proxecto.

Boas vacacións para todos!!








martes, 21 de junio de 2016

ENTREGA DE MARCAPAXINAS

Para rematar o curso e o proxecto por este ano, fixemos entrega duns marcapaxinas a todos os nenos como participantes na "Campaña de Distribución de Froita na Escola", levada a cabo non noso colexio.



martes, 14 de junio de 2016

O NOSO COMPOST

Dentro do noso programa de reciclaxe: Vilarecicla e coa colaboración de toda a comunidade educativa, ao longo de todo o curso fabricamos compost cos desperdicios das froitas para o noso novo horto. Os alumnos por quendas colaboraban levando os restos ao composteiro.


viernes, 10 de junio de 2016

DISTRIBUCIÓN DE LÁCTEOS

Dende o mes de outubro comezamos coa distribución de leite aos alumnos subvencionada polo Plan de Lácteos nas escolas. O leite foi repartido no comedor á hora do recreo e da comida a todos aqueles alumnos que a solicitaron. 
Incrementouse o consumo de leite entre o noso alumnado ao longo do curso.



martes, 31 de mayo de 2016

OBRADOIRO: "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

O noso centro participou hoxe nun Obradoiro da campaña "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR". 
Os alumnos gozaron de dous obradoiros adaptados a súas idades. Un obradoiro para os alumnos de infantil e 1º ciclo e outro para os alumnos de 2º e 3º ciclo.
A través dunha pequena obra de teatro aprenderon a coidar o mar, pescar os peixes adecuados, as profesións relacionadas co mar, receitas de peixe,...
Tamén aprendemos unha chea de cousas sobre o peixe a través de xogos. 
Ao final de cada obradoiro os alumnos asinaron unha carta de compromiso para comer mais pescado a partir dese momento. O tempo diranos se cumpren....




Aquí tedes unha galería de imaxes dos obradoiros:





Traballamos tamén nas aulas esta modalidade do noso proxecto a través de fichas, de libros, das unidades didácticas do programa e de diverso material obtido en internet dentro das materias de Plástica e Ciencias Naturais.
Alguns exemplos do noso traballo: