viernes, 4 de noviembre de 2016

O MAGOSTO

 CHEGOU O OUTONO

"...O MES DE NOVEMBRO, 
CASTAÑAS NOS DÁ.
ASADAS, TOSTADAS...
QUE RICAS ESTÁN!"

   O venres 4 de novembro reunímonos toda a comunidade educativa para festexar o magosto. 

                                       


   
   No Magosto Escolar as nosas actividades xiraron entorno á castaña como alimento saudable e froito típico da nosa zona.
   A nosa festa é unha invitación a pais/nais, antigos alumnos, Concello,... e para nós. 




   

É fundamental agradecer a labor da ANPA, dos nosos pais e nais e a achega do Concello para poder levar a cabo este día.






   Nela comemos un gran xantar: Bolos preñados, empanada, bica, refrescos, froita, e por suposto castañas asadiñas.







  


E despois dun gran xantar, un pouquiño de actividade. 






   Os mestres/as organizaron un circuíto de xogos, catro en total, coa castaña como protagonista. 
   Este ano, debido ao mal tempo os xogos foron realizados no pavillón.

Xogo: Os birlos
  
   Xogo que consiste en lanzar castañas a un grupo de paus, postos en pé en varias ringleiras, para derribalos en tres tiradas.
    


Xogo: Puntería con castañas

   Cada neno/a ten que tirar as castañas cara o panel intentando que estas entren polos buracos do mesmo. Canto máis pequeno sexa o buraco, máis puntos se acadarán.




Xogo: Gincana con castañas
  
   Os nenos e nenas teñen que sortear diferentes obstáculos cunha castaña colocada nunha culler, sen que esta caia o chan.



Xogo: A castaña musical

  1.-Os nenos e nenas, sentados en círculo, ao son da danza do sable, deben pasarse unha castaña coa man sen que toque o chan.

  2.- Os rapaces e rapazas terán que levar a cabo unha serie de consignas asociadas ao son dun instrumento musical, cunha castaña na cabeza sen que esta caia.
  


Mirade que ben o pasamos: