martes, 10 de noviembre de 2015

MAGOSTO

 O OUTONO XA SE ACERCA…

"...SOPRA O VENTO NA MONTAÑA
E ARRINCANDO VAN AS FOLLAS 
DOS CARBALLOS E DAS PRANTAS.
XUNTOS FORMAN UNHA RODA
PORQUE LLES GUSTA BAILAR
VAN Á PRESA VAN AMODO,
MARCA O VENTO O SEU COMPÁS."

O venres 6 de novembro reunímonos toda a comunidade educativa para festexar o magosto. 






   No Magosto Escolar as nosas actividades xiraron entorno á castaña como alimento saudable e froito típico da nosa zona.
   A nosa festa de portas abertas é unha invitación a pais/nais, antigos alumnos, concello,... e nós. Nela comemos un gran xantar: Bolos preñados, empanada, bica, refrescos, froita, e por suposto castañas asadiñas.



   Sempre agradecendo a labor da ANPA, dos nosos pais e nais e a achega do Concello para poder levar a cabo este día.


   E despois dun gran xantar, un pouquiño de actividade. O claustro de mestres organizou un circuíto de xogos, catro en total, coa castaña como protagonista. 

Xogo: Rato que che pilla o gato
   Facemos un círculo e un cativo queda fora del. Cantamos a canción e o rematar pechamos os ollos. O cativo que quedou fora deixa unha castaña nas costas dun compañeiro e o abrir os ollos o que teña a castaña ten que perseguilo. Consegue salvarse dando unha volta o círculo métese no lugar do outro. 


Xogo: Relevo de castañas.
   Facemos uns equipos e poñémolos en fila. Cada neno terá que recorrer un tramo cunha culler na boca na que levarán unha castaña. Á volta terá que pasarlle a castaña á culler do seguinte compañeiro. Gañará o equipo que remate antes o relevo sen fallos. 


Xogo: Relevo de sacos
  Por equipos terán que facer unha carreira e pasarlle o saco o seguinte compañeiro do equipo. Gañará o que antes acabe a ronda de turno


Xogo das cadeiras
   Colocamos un círculo de cadeiras e poñemos música. Os nenos terán que ir andando ao redor das cadeiras e facer as ordes que lle mande a mestra (ir no bico dos pés, ir cara atrás). Cando para a música terán que buscar asento. O neno que quede sen cadeira será eliminado.


Mirar que ben nolo pasamos: