miércoles, 3 de diciembre de 2014

COMEZOS DA DISTRIBUCIÓN DO LEITE NO NOSO COLEXIO

   Imos comezar esta semana coa modalidade de Lácteos na escola do programa Aliménta-T ben.
 Despois de concedernos a axuda solicitada para a subministración de leite aos nosos alumnos a través do FOGGA (Consellería do Medio Rural e do Mar) comezamos coa súa distribución no comedor do colexio.
  A partir desta semana e ata final de curso proporcionarase leite aos alumnos, subvencionada polo Plan de Leite nas escolas. O leite será repartido no comedor á hora do recreo e do xantar a todos aqueles alumnos que a soliciten. 
  Pídese ao alumnado e ás súas familias que aproveiten esta axuda e consuman leite na escola.

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

   Continuación da información ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA" a través das circulares. Elaborouse unha nova nota con información sobre o comezo da distribución do leite no noso colexio.

Nota modalidade: Lácteos na escola



jueves, 27 de noviembre de 2014

TRABALLO NAS AULAS DA MODALIDADE: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Durante o curso traballamos nas aulas esta modalidade do noso proxecto a través de fichas, de libros, das unidades didácticas do programa e de diverso material obtido en internet.
Como por exemplo: 
Na materia de Plástica fixemos debuxos e coloreamos algunhas fichas da páxina web do programa: 





Na materia de Coñecemento do medio traballamos aspectos relacionados coas especies de peixes, as súas características, ... . 

Aquí tedes unha pequena mostra do noso traballo de investigación:


Traballos de aula: O sabor da Aventura on PhotoPeach

miércoles, 26 de noviembre de 2014

OBRADOIRO: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR



   O noso centro participou hoxe na campaña “O SABOR DA AVENTURA ESTA NO MAR” cun obradoiro. É un programa proposto pola Consellería do Medio Rural e do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias.

OBXECTIVOS
  1. Fomentar o consumo de peixe entre o alumnado de educación primaria.
  2. Familiarizar ao alumnado con mundo da pesca.
  3. Transmitir aos escolares a importancia do peixe e marisco na dieta.
  4. Coñecer as diferentes especies.
   Artéllase en torno á realización de obradoiros de consumo, en forma de pequeno teatro nos propios centros educativos, e apóiase na edición de tres unidades didácticas (unha por cada ciclo de Primaria) e na dispoñibilidade doutros materiais a través da páxina web.

As nosas fotos no seu Blog:

Aquí tedes unha galería de imaxes do obradoiro:


martes, 25 de noviembre de 2014

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

   Informamos as familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA" a través de circulares. Elaborouse numerosas notas con información sobre froita, lácteos conservas e produtos do mar que foron enviadas ás familias para que coñeceran a campaña e a importancia da inxestión destes alimentos na dieta dos alumnos.

 Nota modalidade: O sabor da aventura está no mar.


Nota O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR by fesio00

viernes, 21 de noviembre de 2014

ENQUISAS DE HÁBITOS

   Colaboramos coa Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense na realización de enquisas de hábitos (alimentación / sono / actividade física / hixiene persoal e bucodental / actividades en familia) ás familias. 
     Resultados da enquisa pendentes de estudo.

ENQUISA DE HÁBITOS


jueves, 20 de noviembre de 2014

NUNCA SEN ALMORZO ... E SEMPRE RECREOS SAUDABLES

   Partindo do plan galego de prevención da obesidade infantil (PLAN XERMOLA) da Consellería de Sanidade, dende a Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense levouse a cabo durante este curso escolar 2014/2015 a actividade “NUNCA SEN ALMORZO… E SEMPRE RECREOS SAUDABLES”. Nela traballamos aspectos relacionados coa froita e os lácteos no almorzo e na merenda dos recreos. 
   Esta actividade pretendeu dar continuidade á xa iniciada en anos anteriores “NUNCA SEN ALMORZO”, polo que sen deixar de incidir na importancia que ten o almorzo nunha alimentación equilibrada e variada, avanzando un paso máis este ano, a campaña centrouse nos alimentos máis apropiados para o seu consumo nos recreos. 
 O Colexio CEIP XOSÉ MANUEL FOLLA RESPINO participou en dita campaña a través de dúas charlas e coa elaboración dunha merenda no recreo para os alumnos, que tivo lugar ás 12h 20 minutos do MÉRCORES día 19 de NOVEMBRO no colexio.

lunes, 10 de noviembre de 2014

MAGOSTO

   O venres 7 de novembro reunímonos toda a comunidade educativa para festexar o magosto. 


   No Magosto Escolar as nosas actividades xiraron entorno á castaña como alimento saudable e froito típico da nosa zona.
   A nosa festa de portas abertas é unha invitación a pais/nais, antigos alumnos, concello,... e nós. Nela comemos un gran xantar: Bolos preñados, empanada, bica, refrescos


e por suposto castañas asadiñas.


   Sempre agradecendo a labor da ANPA e a achega do Concello para poder levar a cabo este día.


   E despois dun gran xantar, un pouquiño de actividade. O claustro de mestres organizou un circuíto de xogos, catro en total, coa castaña como protagonista. 

Xogo: Rato que che pilla o gato
   Facemos un círculo e un cativo queda fora del. Cantamos a canción e o rematar pechamos os ollos. O cativo que quedou fora deixa unha castaña nas costas dun compañeiro e o abrir os ollos o que teña a castaña ten que perseguilo. Consegue salvarse dando unha volta o círculo métese no lugar do outro. 


Xogo: Relevo de castañas.
   Facemos uns equipos e poñémolos en fila. Cada neno terá que recorrer un tramo cunha culler na boca na que levarán unha castaña. Á volta terá que pasarlle a castaña á culler do seguinte compañeiro. Gañará o equipo que remate antes o relevo sen fallos. 


Xogo: lanzacastañas
  Nun panel ben grande, temos ocos con distintas puntuacións e dificultade. Deberemos lanzar castañas e conseguir o maior número de tantos posible.


Xogo: tres en raia coa castaña
   Contra a outro contrincante intentamos facer un tres en raia no taboleiro coas castañas.


Mirar que ben nolo pasamos: 

martes, 14 de octubre de 2014

CONCURSO: "DEBUXA O TEU ALMORZO"




       Os alumnos  de 1º e 2º do noso colexio participaron nun concurso que se chamaba “DEBUXA O TEU ALMORZO”.
A Consellería de Sanidade, o Foro Interalimentario e a Unión de Consumidores de Galicia firmaron un convenio de colaboración para a promoción de estilos de vida saudables. Conscientes de que é necesaria unha educación nutricional en todos os ámbitos, as tres partes implicadas no convenio decidiron poñer en marcha o concurso “DEBUXA O TEU ALMORZO” no que participamos cuns debuxos chulísimos que esperamos reciban algún dos premios.

miércoles, 8 de octubre de 2014

RECOLLIDA DE MELÓNS DO NOSO HORTO E DEGUSTACIÓN DESTES

      Outro ano máis aproveitamos o noso horto para plantar a nosa propia froita e así nos converter non só en consumidores senón tamén en produtores. Plantamos melóns e puidemos observar todo o proceso de crecemento. E chego o día de recollida. 



   Logo foron degustados no comedor do colexio, nos souberon a gloria a todos.

martes, 7 de octubre de 2014

NOVO PROXECTO: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA"

Hoxe nace un novo proxecto no noso centro: 

"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA"

Este ano queremos ir máis alá e aumentar os obxectivos do noso proxecto anterior. A parte da froita e os lácteos, traballaremos aspectos relacionados coas conservas e os produtos do mar, dentro do Programa Aliménta-T ben da Consellería do Medio Rural e do Mar no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.



O obxectivo deste programa é a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo de froitas, lácteos ,conservas e produtos do mar, dependendo da modalidade.

O noso centro participa nas catro modalidades do programa que son:

  1. Froita na escola.
  2. Lácteos na escola.
  3. Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar).
  4. O sabor da aventura está no mar.


Froita na escola:



Esta modalidade consiste no reparto de froita fresca ao alumnado de 3 a 16 anos de centros públicos e concertados.
Esta axuda ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares.
Poderán ser destinatarios da axuda o alumnado que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:
  • Segundo ciclo de educación infantil.
  • Educación primaria.
  • Educación secundaria obrigatoria.


Lácteos na escola:



Consiste na compra a prezo reducido de leite e produtos lácteos destinados ao alumnado de 0 a 18 anos de centros escolares públicos e concertado 
Esta axuda ten por obxecto a concesión a prezo reducido de leite e determinados produtos lácteos ao alumnado de centros escolares.
Destinatarios
Serán destinatarios desta axuda o alumnado que asistan regularmente aos centros ou establecementos escolares, recoñecidos polas autoridades competentes, dos niveis de ensino de educación infantil, primaria e secundaria.

Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar):



Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma. 
“As conservas temos unha chea de enerxía para o teu bocata”
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.
As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. serviranche para elaborar os teus propios bocatas! Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!

O sabor da aventura está no mar:


Obxectivos:
  • Fomentar o consumo de peixe entre o alumnado de educación primaria
  • Familiarizar ao alumnado con mundo da pesca
  • Transmitir aos escolares a importancia do peixe e marisco na dieta
  • Coñecer as diferentes especies


Esta campaña ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias dándolles a probar nos comedores dos centros educativos diferentes pratos elaborados con peixe e marisco. Os seus destinatarios son os escolares de Educación Primaria e os seus profesores. 

   A partir de hoxe neste blog poderedes ver todas as actividades que levaremos a cabo durante todo o curso dentro do noso proxecto "Aliméntate ben para unha vida sa"

viernes, 26 de septiembre de 2014

NOVO CURSO 2014 - 2015

       Outro ano máis formulámonos un novo proxecto relacionado coa necesidade de cambiar os hábitos alimenticios dos nosos alumnos.
Co traballo dos cursos pasados no noso centro, dentro dos proxectos “Froita para unha vida” (curso 12-13) e “Conservas, lácteos e froitas para unha vida sa” (curso 13-14) do Plan Proxecta, comprendemos que a escola serve como marco educativo para que as novas xeracións aprendan e adquiran uns hábitos de vida e actitudes saudables, e ao mesmo tempo, o menú e o aperitivo da mañá debe garantirlles unha alimentación sa e equilibrada que favoreza a súa saúde, o seu crecemento e desenvolvemento. Alimentación sa que moitas veces non reciben nas súas casas.
Este ano queremos ir máis alá e aumentar os obxectivos do noso proxecto. A parte da froita, lácteos e conservas intentaremos traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo dos produtos do mar. Estamos convencidos que todo o noso traballo redunda en beneficio dos nosos alumnos e das súas futuras familias. 
Todo isto dará orixe nos próximos días nun novo proxecto para este curso do cal vos informaremos puntualmente.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa por colaborar sempre connosco nos nosos proxectos. 

jueves, 26 de junio de 2014

GRAZAS POR COLABORAR


Un ano máis damos as grazas a toda a comunidade educativa do Ceip Xosé Manuel Folla Respino por colaborar connosco no noso proxecto.
Boas vacacións para todos!!


O NOSO COMPOST

Ao longo de todo o curso fabricamos compost cos desperdicios das froitas para o noso horto. 





  
 











miércoles, 25 de junio de 2014

REPORTAXE DA VOZ DA ESCOLA SOBRE A ORIXE DO LEITE

Para rematar o noso proxecto de investigación sobre a orixe do leite gravamos un reportaxe informativo sobre a nosa visita as vacas de Baxeles. 
Esperamos que vos guste.


martes, 24 de junio de 2014

EN BUSCA DA ORIXE DO LEITE

Despois de realizar unha boa investigación que mellor forma de coñecer a orixe do leite que visitar unhas vacas.
Trasladámonos todo o colexio ao pobo de Baxeles, alí tivemos a oportunidade de ver dúas vacas, de muxilas e descubrir a orixe do leite.



PROXECTO INVESTIGACIÓN: "A ORIXE DO LEITE"

Durante o mes de xuño e como remate ao noso proxecto: "Conservas, Lácteos e Froitas para unha vida sa" propuxémonos levar a cabo o proxecto de investigación: "A orixe do leite". 
Con este proxecto queriamos que os nosos alumnos descubrisen de onde vén o leite que consumiron durante os últimos meses no colexio. Moitos deles xa sabían de onde procede o leite, das vacas, pero poucos deles sabían o ciclo do leite dende a súa orixe ata o vaso.
Nas clases empezamos a traballar o proxecto a través de fichas e de diverso material obtido en internet. Como por exemplo:

  • Na materia de Plástica coloreamos algunhas fichas de vacas:



























  • Nas materias de Lingua Castelá e Lingua Galega fixemos fichas de comprensión lectora:











    • Na materia de Coñecemento do medio fixemos fichas: 


    CICLO PRODUCTIVO DE LA LECHE 
    http://elbauldeinnela.blogspot.com.es/2014/04/aprendemos-el-ciclo-productivo-de-la.html







    Vimos vídeos sobre as vacas e sobre o ciclo do leite:






    • Na materia de música escoitamos cancións sobre o leite e as vacas:





    Aquí tedes unha pequena mostra do noso traballo de investigación:




    miércoles, 18 de junio de 2014

    DISTRIBUCIÓN DE LEITE

    Dende o mes de marzo comezamos coa distribución de leite aos alumnos subvencionada polo Plan de Lácteos nas escolas.
    O leite foi repartido no comedor á hora do recreo e da comida a todos aqueles alumnos que a solicitaron. 
    Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición:

    Distribución de leite on PhotoPeach

    martes, 3 de junio de 2014

    PROBANDO FROITA: CATA ÁS CEGAS

    Despois de case dous cursos dando froita a través do Plan de distribución de froitas nas escolas, seguímonos encontrando que moitos dos nosos alumnos cando lles dás certas froitas son remisos a comelas. Observamos que moitas veces é polo nome, outras a cor, outras pola forma ou textura da froita... , ou por que non as probaron nunca.
    Tendo en conta isto ocorréusenos realizar unha actividade de Cata ás cegas de froitas. 
    Intentamos con esta actividade facer ver os nosos alumnos que moitas veces sen probar e con prexuízos estámonos a perder verdadeiros manxares.
    Utilizamos para a cata 10 froitas: Laranxa, mazá, pera, melón, melocotón, nectarina, sandía, mango, amorodos e kiwi.
    A cata levámola a cabo no comedor. Primeiro fixemos zumes de todas estas froitas e colocámolos en pequenos vasos de plástico para que os nenos os probasen. Colocamos unha peza de cada froita debaixo dunha caixa ao lado do correspondente zume. Por ciclos os nenos foron pasando polas mesas. Primeiro probaban todos do zume e logo intentaban adiviñar a froita que se escondía debaixo da caixa.
    Os nenos gozaron moito e gústolles moito a actividade.


    jueves, 29 de mayo de 2014

    IOGUR DE FROITAS

    Os alumnos de Infantil fixeron uns iogures caseiros de froitas cos amorodos do noso horto. 

    Mirade como traballaron:



    miércoles, 28 de mayo de 2014

    RECOLLEMOS E DEGUSTAMOS OS AMORODOS DO NOSO HORTO

    Este ano volvemos plantar mais amorodos no noso pequeno horto. Con moito cariño coidámolos durante todo o curso. Regámolos, quitámoslles as herbas..., e por fin durante os meses de maio e xuño todos recolleremos e degustaremos o seu froito. 
    Que bos están os nosos amorodos!!!




    RECOLLEMOS E DEGUSTAMOS AMORODOS by Slidely Photo Gallery

    lunes, 26 de mayo de 2014

    INFORMACIÓN AS FAMILIAS. NOTAS 3º/4º PERÍODOS DE FROITA

    Continuación da información ás familias do Proxecto: “Conservas, lácteos e froita para unha vida sa” a través das circulares. Elaborouse novas notas con información sobre os últimos períodos da distribución da froita na escola.





    DISTIBUCIÓN DE FROITA NA NOSA ESCOLA 4º PERÍODO

    Continuamos co 4º período (19/05/14 - 23/05/14) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de maio. As froitas entregadas foron: pera, fresas, sandía, mazá e plátano
    A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.
    Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.
    Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.
    Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición:



    lunes, 19 de mayo de 2014

    CAMPAÑA "NUNCA SEN ALMORZO"

    Participouse na Campaña "Nunca sen Almorzo" na que tamén traballamos aspectos relacionados coa froita e os lácteos no almorzo.
    Xa que a escola é o lugar idóneo para promover a mellora de hábitos e actitudes saudables, dende a Xefatura Territorial de Sanidade e dentro do Programa Galego de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación, desenvolveuse a campaña “NUNCA SEN ALMORZO” pretendendo a formación e sensibilización necesaria para conseguir unha alimentación saudable.
    Tendo en conta isto o Colexio participou en dita campaña coa elaboración dun almorzo para os alumnos, que tivo lugar as 10h 15 minutos da mañá, o LUNS día 19 de MAIO, no que puideron participar todos os nenos así como os pais /nais que o desexaron.


    miércoles, 9 de abril de 2014

    SOBREMESA TROPICAL

    Este ano decidimos volver realizar sobremesas para o xantar. Os alumnos de 1º ciclo foron cociñeiros por un día e prepararon unha sobremesa moi especial "palmeiras de froita" adornadas con boliñas de chocolate. Colleron a froita, lavárona, pelárona, cortárona, colocárona e servírona aos seus compañeiros do comedor. 
    Estaban de rechupete!!!
    Mirade como nos puxemos:


    martes, 25 de marzo de 2014

    DISTIBUCIÓN DE FROITA NA NOSA ESCOLA 3º PERÍODO

    Continuamos co 3º período (17/03/14 - 21/03/14) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de marzo. As froitas entregadas foron: pera, mandarina, fresas, kiwi e mazá. 
    A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.
    Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.
    Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.
    Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición:


    martes, 11 de marzo de 2014

    COMEZOS DA DISTRIBUCIÓN DO LEITE NO NOSO COLEXIO

    Imos comezar esta semana coa modalidade de Lácteos na escola do programa Aliménta-T ben.
    Despois de concedernos a axuda solicitada para a subministración de leite aos nosos alumnos a través do FOGGA (Consellería do Medio Rural e do Mar) comezamos coa súa distribución no comedor do colexio.
    A partir desta semana e ata final de curso proporcionarase leite aos alumnos, subvencionada polo Plan de Leite nas escolas. O leite será repartido no comedor á hora do recreo e da comida a todos aqueles alumnos que a soliciten. 
    Pídese ao alumnado e ás súas familias que aproveiten esta axuda e consuman leite na escola.


    INFORMACIÓN AS FAMILIAS. NOTA LEITE

    Continuación da información ás familias do Proxecto: “Conservas, lácteos e froita para unha vida sa” a través das circulares. Elaborouse unha nova nota con información sobre o comezo da distribución do leite no noso colexio.


    lunes, 24 de febrero de 2014

    CONTINUACIÓN DA INFORMACIÓN AS FAMILIAS

    Continuación da información ás familias do Proxecto: “Conservas, lácteos e froita para unha vida sa” a través das circulares. Elaborouse novas notas con información sobre os primeiros períodos da distribución da froita na escola.


    DISTIBUCIÓN DE FROITA NA NOSA ESCOLA 2º PERÍODO

    Continuamos co 2º período (17/02/14 - 21/02/14) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de febreiro. As froitas entregadas foron: plátano, mandarina, pera, mazá e kiwi. 
    A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.
    Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.
    Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.
    Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición:


    martes, 28 de enero de 2014

    DISTIBUCIÓN DE FROITA NA NOSA ESCOLA 1º PERÍODO

    Comezamos co 1º período (20/01/14 - 24/01/14) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de xaneiro. As froitas entregadas foron: plátano, mandarina, pera, mazá e kiwi. 
    A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.
    Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.
    Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.
    Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición: