viernes, 23 de enero de 2015

INFORMACIÓN AS FAMILIAS


Continuación da información ás familias do Proxecto:"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA” a través das circulares. 
     Elaborouse unha nova nota con información sobre o fin do 1º período de froita no noso colexio.


Nota fin 1º período de froita na escola.


DISTRIBUCIÓN DE FROITA NA NOSA ESCOLA 1º PERÍODO

   Comezamos co 1º período (19/01/15 - 25/01/15) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de xaneiro. As froitas entregadas foron: kiwi, laranxa, mandarina, pera e mazá. 

    A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.

   Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.

   Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.

   Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición:

lunes, 19 de enero de 2015

COMEZOS DA DISTRIBUCIÓN DA FROITA NO NOSO COLEXIO

   
Durante os meses que durou este proxecto, proporcionouse froita aos alumnos de todos os cursos do colexio subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas. 

   A froita repartiuse no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e ás súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca en lugar das habituais galletas, bocadillo ou outro tipo de alimento elaborado.

   Os períodos de reparto de froita ao longo del curso foron:

  • Período 1 : 19/01/2015 o 25/01/2015
  • Período 2 : 23/02/2015 o 1/03/2015
  • Período 3 : 16/03/2015 o 23/03/2015
  • Período 4 : 18/05/2015 o 24/05/2015 

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

   
Continuación da información ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA” a través das circulares. Elaborouse unha nova nota con información sobre o comezo da distribución da froita no noso colexio.

 Nota modalidade: Froita na escola.