lunes, 30 de abril de 2018

O REGO

Continuamos utilizando os bidóns ou depósitos para a rega dos hortos e do sementeiro. 


COMEZAMOS CO HORTO DE VERÁN

A finais de abril, comezamos a plantar o noso primeiro horto de verán. 
O primeiro que sementamos foron xudías 


e logo plantamos leitugas e calabacins do noso invernadoiro.



NOTA OBRADORIO: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Infórmase a toda a comunidade educativa que o día 2 de maio pola maña teremos un Taller de elaboración de bocatas a base de conservas.
Pídese ao alumnado e ás súas familias que maña os nenos/as non traian ningún alimento na hora do recreo e poidan degustar os bocatas do taller. E animámoslles a seguir consumindo conservas. 


viernes, 27 de abril de 2018

TRABALLOS NO HORTO

Coa chegada do bo tempo comezamos a arranxar a malla do valo do horto e limpamos de herbas o horto de inverno.
Facémolo todo de maneira manual sen usar herbicidas.




jueves, 26 de abril de 2018

OS NOSOS VIVEIROS EN ABRIL

Seguimos coidando e regando os nosos viveiros que a finais de abril estaban así:





FACEMOS COMPOSTAXE

Continuamos utilizando o composteiro, para poder reciclar o lixo orgánico do colexio e facer o noso propio abono orgánico e natural que utilizaremos para o noso horto.




miércoles, 25 de abril de 2018

COMEZAMOS A PREPARAR A TERRA PARA PLANTAR

A principios de abril aramos outra xardineira para preparar o primeiro dos hortos de verán.



Mentres tanto o noso horto de inverno tiña este aspecto.
O noso perexil.


As nosas cenorias.



Os nosos allos porros, as nosas leitugas, os nosos repolos, os porros e as verzas.



martes, 24 de abril de 2018

DISTRIBUCIÓN DA FROITA NA NOSA ESCOLA 2º PERÍODO (CURSO 17-18)

Nestas semanas levamos a cabo o 2º período (9/04/18 - 20/04/18) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas. As froitas entregadas foron: amorodos, melón, pera laranxa, mandarina, e plátano. 

A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca. 

Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas. 

Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema. 

No seguinte vídeo podedes ver como foi a nosa repartición:

viernes, 20 de abril de 2018

INFORMACIÓN AS FAMILIAS FIN 2º PERÍODO FROITA 17-18

Infórmase a toda a comunidade educativa que co 2º período de froita que rematou hoxe, concluímos coa distribución da froita no colexio por este curso. 

Agradecémoslles a todos os alumnos e ás súas familias a participación nesta campaña. E animámoslles a seguir consumindo froita. 



Nota fin 1º período de froita na escola.

viernes, 6 de abril de 2018

INFORMACIÓN AS FAMILIAS 2º PERÍODO FROITA




Continuación da información ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN" a través das circulares. 
Elaborouse unha nova nota con información sobre o 2º Período da distribución da froita no noso colexio.


Nota 2º Período da Froita