viernes, 26 de septiembre de 2014

NOVO CURSO 2014 - 2015

       Outro ano máis formulámonos un novo proxecto relacionado coa necesidade de cambiar os hábitos alimenticios dos nosos alumnos.
Co traballo dos cursos pasados no noso centro, dentro dos proxectos “Froita para unha vida” (curso 12-13) e “Conservas, lácteos e froitas para unha vida sa” (curso 13-14) do Plan Proxecta, comprendemos que a escola serve como marco educativo para que as novas xeracións aprendan e adquiran uns hábitos de vida e actitudes saudables, e ao mesmo tempo, o menú e o aperitivo da mañá debe garantirlles unha alimentación sa e equilibrada que favoreza a súa saúde, o seu crecemento e desenvolvemento. Alimentación sa que moitas veces non reciben nas súas casas.
Este ano queremos ir máis alá e aumentar os obxectivos do noso proxecto. A parte da froita, lácteos e conservas intentaremos traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo dos produtos do mar. Estamos convencidos que todo o noso traballo redunda en beneficio dos nosos alumnos e das súas futuras familias. 
Todo isto dará orixe nos próximos días nun novo proxecto para este curso do cal vos informaremos puntualmente.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa por colaborar sempre connosco nos nosos proxectos.