miércoles, 30 de enero de 2019

miércoles, 16 de enero de 2019

SEMENTAR HORTO DE INVERNO

En decembro cando o tempo o permitía, continuamos acondicionando as xardineiras cheas de terra para preparalas para sementar. E esperando un momento propicio para comezar a plantar ou sementar pasou o primeiro trimestre.

E chegou xaneiro e comezamos a sementar o noso horto. 


O primeiro que sementamos foron tres sucos de fabas de inverno. 

PREPARAMOS O NIÑO!

Hoxe en atención educativa os alumnos/as prepararon o niño para que Margarita incube a Daisy, sairá unha vaca ou un pito? Descúbreo con nós.


miércoles, 9 de enero de 2019

NOVO CONTO!

Durante este segundo trimestre os nenos e nenas de Educación Infantil traballarán, en Atención Educativa, o conto A vaca que puxo un ovo de Andy Cutbill e Russell Ayto da editorial Patas de peixe. 
Este conto trata sobre a vaca Marjorie, para nós Margarita, que quere facer algo diferente para destacar entre as outras. Pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas galiñas. Claro que a envexa non é boa conselleira e as súas comadres vacas están seguras de que todo é unha gran mentira.... Que pasará ao fin?



PROXECTO MARGARITA

Hoxe nace o Proxecto Margarita que desenvolveremos ao longo do 2º e do 3º trimestre con todo o alumnado do colexio.
Nel trataranse aspectos relacionados co leite: orixe, beneficios, degustacións,...
Partiremos do conto "A vaca que puxo un ovo" de Andy Cutbill e Russell Ayto da editorial Patas de peixe na materia Atención Educativa dos nenos e nenas de Ed.Infantil como primeira actividade.