miércoles, 9 de enero de 2019

NOVO CONTO!

Durante este segundo trimestre os nenos e nenas de Educación Infantil traballarán, en Atención Educativa, o conto A vaca que puxo un ovo de Andy Cutbill e Russell Ayto da editorial Patas de peixe. 
Este conto trata sobre a vaca Marjorie, para nós Margarita, que quere facer algo diferente para destacar entre as outras. Pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas galiñas. Claro que a envexa non é boa conselleira e as súas comadres vacas están seguras de que todo é unha gran mentira.... Que pasará ao fin?