lunes, 29 de enero de 2018

DISTRIBUCIÓN DA FROITA NA NOSA ESCOLA 1º PERÍODO (CURSO 17-18)


Comezamos co 1º período (15/01/18 - 26/01/18) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de xaneiro. As froitas entregadas foron: plátano, pera, mandarina, laranxa, mazá, kiwi e uvas. 


A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.

Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.

Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.

No seguinte vídeo podedes ver como foi a nosa repartición:

viernes, 26 de enero de 2018

INFORMACIÓN AS FAMILIAS FIN 1º PERÍODO FROITA 17-18



Continuación da información ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN” a través das circulares. 
Elaborouse unha nova nota con información sobre o fin do 1º período de froita no noso colexio.



Nota fin 1º período de froita na escola.


miércoles, 17 de enero de 2018

PLANTAMOS NO HORTO

Este curso, tivemos problemas para comezar a plantar o noso horto de inverno nos meses de setembro a outubro. A seca que sufriu o concello durante todo o verán xunto á escaseza de precipitacións dos últimos meses do ano, fixo que desistísemos en plantar o noso horto de inverno (fabas, chícharos, allos,... ).
Durante os meses de outubro, novembro e decembro cando o tempo o permitía, continuamos acondicionando as xardineiras cheas de terra para preparalas para sementar. E esperando un momento propicio para comezar a plantar ou sementar pasou o primeiro trimestre.
E chegou xaneiro e comezamos a plantar o noso horto. O primeiro que plantamos foron dous sucos de verzas (coias). 




lunes, 15 de enero de 2018

COMEZO DA DISTRIBUCIÓN DA FROITA NO NOSO COLEXIO

Hoxe comezou o reparto de froita aos alumnos de todos os cursos do colexio subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas. 

A froita repartiuse no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e ás súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca en lugar das habituais galletas, bocadillo ou outro tipo de alimento elaborado.

Os períodos de reparto de froita ao longo del curso serán:
Período 1 : 15/01/2018 o 26/01/2018
Período 2 : 9/04/2018 o 20/04/2018

viernes, 12 de enero de 2018

INFORMACIÓN AS FAMILIAS


Continuación da información ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN” a través das circulares. Elaborouse unha nova nota con información sobre o comezo da distribución da froita no centro.




Nota modalidade: Froita na escola



martes, 9 de enero de 2018

COMEZA A DISTRIBUCIÓN DO LEITE NO NOSO COLEXIO

Hoxe comezamos coa distribución de leite no noso colexio dentro da modalidade de Lácteos na escola, despois de concedernos a axuda solicitada para a subministración de leite aos nosos alumnos a través do FOGGA (Consellería do Medio Rural e do Mar).
A partir desta semana e ata final de curso proporcionarase leite aos alumnos, subvencionada polo Plan de Leite nas escolas. O leite será repartido no comedor a todos aqueles alumnos que a soliciten.
Pídese ao alumnado e ás súas familias que aproveiten esta axuda e consuman leite na escola.

INFORMACIÓN AS FAMILIAS (LÁCTEOS)

Elaborouse unha nova nota con información sobre o comezo da distribución do leite no noso colexio.

Nota modalidade: Lácteos na escola