miércoles, 21 de septiembre de 2016

NOVO CURSO 2016-2017

    Un ano máis plantexámonos un novo proxecto relacionado coa necesidade de cambiar os hábitos alimenticios dos nosos alumnos.

    Co traballo dos cursos pasados no noso centro, dentro dos proxectos “Froita para unha vida” (curso 12-13), “Conservas, lácteos e froitas para unha vida sa” (curso 13-14), "Aliméntate ben para unha vida sa" (curso 14-15) e "Aliméntate ben para unha vida sa II" (curso 15-16) do Plan Proxecta, comprendemos que a escola serve como marco educativo para que as novas xeracións aprendan e adquiran uns hábitos de vida e actitudes saudables, e ao mesmo tempo, o menú e o aperitivo da mañá debe garantirlles unha alimentación sa e equilibrada que favoreza a súa saúde, o seu crecemento e desenvolvemento. Alimentación sa que moitas veces non reciben nas súas casas.

    Este ano coa renovación de gran parte do claustro do noso colexio ademais de traballar os obxectivos formulados nos nosos proxectos anteriores cunha nova perspectiva, pretendemos renovar e aumentar as actividades para levarlos a cabo. 

   Volveremos traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo da froita, dos lácteos, das conservas e do consumo de produtos do mar. Estamos convencidos que todo o noso traballo redunda en beneficio dos nosos alumnos e das súas futuras familias. 

    Todo isto dará orixe nos próximos días a un novo proxecto para este curso do cal vos informaremos puntualmente.

    Moitas grazas a toda a comunidade educativa por colaborar sempre connosco nos nosos proxectos.