martes, 14 de octubre de 2014

CONCURSO: "DEBUXA O TEU ALMORZO"




       Os alumnos  de 1º e 2º do noso colexio participaron nun concurso que se chamaba “DEBUXA O TEU ALMORZO”.
A Consellería de Sanidade, o Foro Interalimentario e a Unión de Consumidores de Galicia firmaron un convenio de colaboración para a promoción de estilos de vida saudables. Conscientes de que é necesaria unha educación nutricional en todos os ámbitos, as tres partes implicadas no convenio decidiron poñer en marcha o concurso “DEBUXA O TEU ALMORZO” no que participamos cuns debuxos chulísimos que esperamos reciban algún dos premios.

miércoles, 8 de octubre de 2014

RECOLLIDA DE MELÓNS DO NOSO HORTO E DEGUSTACIÓN DESTES

      Outro ano máis aproveitamos o noso horto para plantar a nosa propia froita e así nos converter non só en consumidores senón tamén en produtores. Plantamos melóns e puidemos observar todo o proceso de crecemento. E chego o día de recollida. 



   Logo foron degustados no comedor do colexio, nos souberon a gloria a todos.

martes, 7 de octubre de 2014

NOVO PROXECTO: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA"

Hoxe nace un novo proxecto no noso centro: 

"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA"

Este ano queremos ir máis alá e aumentar os obxectivos do noso proxecto anterior. A parte da froita e os lácteos, traballaremos aspectos relacionados coas conservas e os produtos do mar, dentro do Programa Aliménta-T ben da Consellería do Medio Rural e do Mar no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.



O obxectivo deste programa é a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo de froitas, lácteos ,conservas e produtos do mar, dependendo da modalidade.

O noso centro participa nas catro modalidades do programa que son:

  1. Froita na escola.
  2. Lácteos na escola.
  3. Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar).
  4. O sabor da aventura está no mar.


Froita na escola:



Esta modalidade consiste no reparto de froita fresca ao alumnado de 3 a 16 anos de centros públicos e concertados.
Esta axuda ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares.
Poderán ser destinatarios da axuda o alumnado que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:
  • Segundo ciclo de educación infantil.
  • Educación primaria.
  • Educación secundaria obrigatoria.


Lácteos na escola:



Consiste na compra a prezo reducido de leite e produtos lácteos destinados ao alumnado de 0 a 18 anos de centros escolares públicos e concertado 
Esta axuda ten por obxecto a concesión a prezo reducido de leite e determinados produtos lácteos ao alumnado de centros escolares.
Destinatarios
Serán destinatarios desta axuda o alumnado que asistan regularmente aos centros ou establecementos escolares, recoñecidos polas autoridades competentes, dos niveis de ensino de educación infantil, primaria e secundaria.

Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar):



Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma. 
“As conservas temos unha chea de enerxía para o teu bocata”
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.
As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. serviranche para elaborar os teus propios bocatas! Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!

O sabor da aventura está no mar:


Obxectivos:
  • Fomentar o consumo de peixe entre o alumnado de educación primaria
  • Familiarizar ao alumnado con mundo da pesca
  • Transmitir aos escolares a importancia do peixe e marisco na dieta
  • Coñecer as diferentes especies


Esta campaña ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias dándolles a probar nos comedores dos centros educativos diferentes pratos elaborados con peixe e marisco. Os seus destinatarios son os escolares de Educación Primaria e os seus profesores. 

   A partir de hoxe neste blog poderedes ver todas as actividades que levaremos a cabo durante todo o curso dentro do noso proxecto "Aliméntate ben para unha vida sa"