lunes, 14 de octubre de 2013

DEGUSTACIÓN DE UVAS NO COMEDOR DO COLEXIO

Hoxe no comedor do colexio tivemos a nosa primeira toma de contacto coa distribución de froita. Degustamos unhas uvas das viñas próximas ao colexio que moi amablemente foron doadas por un pai. 
Estaban boas!!!

Puxémonos as botas









RECOLLIDA DE MELÓNS DO NOSO HORTO E DEGUSTACIÓN DESTES.

  Aproveitando o horto que temos no noso colexio decidimos plantar a nosa propia froita e así converternos non só en consumidores senón tamén en produtores. Puidemos observar todo o proceso de crecemento das nosas froitas. E chegou o día da recollida. O primeiro que recollemos foron uns melóns que nos souberon a gloria a todos.


  Mirar que ben nolo pasamos recollendo a nosa colleita:


RECOLLIDA DE MELÓNS on PhotoPeach

Non vexades que bos estaban:

martes, 8 de octubre de 2013

VISITA ADEGA D´BERNA

  A principios do mes de outubro fomos convidados á ADEGA “D´Berna”, en Córgomo, a pasar unha agradable xornada de vendima. Fomos moi ven recibidos, enseguida nos amosaron a adega onde vimos a embotelladora; os enormes depósitos para gardar o viño; as barricas para avellentar o viño,….
 Despois nos diriximos á viña, onde nos puxemos mans a obra. Todos comezamos a traballar e resultamos ser uns bos vendimaregos. Tamén puidemos degustar as uvas recén cortadas das vides.
 E xa para rematar a xornada fomos convidados a unha estupenda merenda, para repor forzas dunha dura xornada de traballo.
 Foi toda unha experiencia para eles como podedes ver nestas imaxes: 

Un día de vendimia na Adega D´Berna - Movie Maker


  Para recordar esta experiencia todo o curso confeccionamos un mural:






jueves, 3 de octubre de 2013

NOVO PROXECTO: "CONSERVAS, LÁCTEOS E FROITAS PARA UNHA VIDA SA"

  Hoxe nace un novo proxecto no noso centro:

"CONSERVAS, LÁCTEOS E FROITAS PARA UNHA VIDA SA"

  Este ano queremos ir máis alá e aumentar os obxectivos do noso proxecto anterior. A parte da froita, traballaremos aspectos relacionados cos lácteos e as conservas do mar, dentro do Programa Aliménta-T ben da Consellería do Medio Rural e do Mar no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  O obxectivo deste programa é a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo de froitas, lácteos ou conservas do mar, dependendo da modalidade. 

 O noso centro participa nas tres modalidades do programa que son:
                       1.Froita na escola 
                       2.Lácteos na escola
                       3.Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar)

  A partir de hoxe neste blog poderedes ver todas as actividades que levaremos a cabo durante todo o curso dentro do noso proxecto "Conservas, lácteos e froitas para unha vida sa".