viernes, 25 de septiembre de 2015

SEMANA DA UVA E A VENDIMA

   Para comezar co noso futuro proxecto, do 21 ao 25 de setembro celebramos a semana das uvas e a vendima para coñecer mellor este froito típico da nosa terra. 
     Informamos as familias do Proxecto: "SEMANA DA UVA E A VENDAMA" a través dunha circular. 


Nota: Semana da uva e a vendima


   
     Fixemos unha exposición de variedades de uvas para o que solicitamos a colaboración das familias coa achega de algún acio (racimo) de uvas. 




EXPOSICIÓN DE CLASES DE UVAS on PhotoPeach


Traballamos nas aulas as variedades de uva e a vendima.





Realizamos unha cata coas variedades de uvas achegadas por todos os membros da comunidade educativa.






Coñecemos moitas cousas sobre as uvas e a vendima a través dunha presentación elaborada polos mestres. Nela puidemos ver: sistemas de corte, transporte das uvas, adegas, elaboración do viño,....





jueves, 17 de septiembre de 2015

NOVO CURSO 2015-2016

Un ano máis formulámonos un novo proxecto relacionado coa necesidade de cambiar os hábitos alimenticios dos nosos alumnos.
Co traballo dos cursos pasados no noso centro, dentro dos proxectos “Froita para unha vida” (curso 12-13) e “Conservas, lácteos e froitas para unha vida sa” (curso 13-14), Aliméntate ben para unha vida sa (curso 14-15) do Plan Proxecta, comprendemos que a escola serve como marco educativo para que as novas xeracións aprendan e adquiran uns hábitos de vida e actitudes saudables, e ao mesmo tempo, o menú e o aperitivo da mañá debe garantirlles unha alimentación sa e equilibrada que favoreza a súa saúde, o seu crecemento e desenvolvemento. Alimentación sa que moitas veces non reciben nas súas casas.
Este ano queremos continuar traballando os obxectivos formulados o longo dos cursos anteriores nos nosos proxectos. Volveremos a traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo da froita, dos lácteos, das conservas e do consumo de produtos do mar. Estamos convencidos que todo o noso traballo redunda en beneficio dos nosos alumnos e das súas futuras familias. 
Todo isto dará orixe nos próximos días nun novo proxecto para este curso do cal vos informaremos puntualmente.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa por colaborar sempre connosco nos nosos proxectos.