miércoles, 27 de marzo de 2019

REPOSTEIROS INFANTÍS

Os cativos e cativas de infantil están a traballar, como ben sabedes, o conto "A vaca que puxo un ovo". Esto levounos a mostrarlles como os animais nos proporcionan alimentos, por tanto, usando o leite de Margarita e os ovos das súas amigas as pitas elaboramos uns ricos flans. Mirade que bonitos nos quedaron!







Música: Vaca Marela. Pelo gato 24

lunes, 25 de marzo de 2019

SEMENTAR OS NOSOS VIVEIROS

En marzo comezamos a sementar os nosos viveiros (calabacín, tomates, pementos e leitugas) para ter plantas para o noso novo horto de primavera – verán.
















Para protexer os nosos viveiros volvemos construír unha pequena estrutura con material reciclado (cadeiras e mesas vellas, paus de piñeiros, ...). 



Puxemos os sementeiros nas mesas e os regamos.


E colocamos por encima un plástico coma se fose un invernadoiro.







DISTRIBUCIÓN DA FROITA NA NOSA ESCOLA 2º PERÍODO (CURSO 18-19)

Nestas semanas levamos a cabo o 2º período (11/03/19 - 22/03/19) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas. As froitas entregadas foron: amorodos, kiwi, mazá, pera laranxa, mandarina e plátano.

A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca. 

Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas. 

Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema. 

No seguinte vídeo podedes ver como foi a nosa repartición:


viernes, 22 de marzo de 2019

INFORMACIÓN AS FAMILIAS FIN 2º PERÍODO FROITA 18-19

Infórmase a toda a comunidade educativa que co 2º período de froita que rematou hoxe, concluímos coa distribución da froita no colexio por este curso. 

Agradecémoslles a todos os alumnos e ás súas familias a participación nesta campaña. E animámoslles a seguir consumindo froita. 





Nota fin 2º período de froita na escola.


jueves, 14 de marzo de 2019

DE VISITA A NOIA: MARISQUEANDO


Grazas a nosa participación no programa "O sabor da aventura está no mar" promovido pola Consellería do Mar, o día 12 de marzo marchamos a Noia a visitar o porto de Testal e a súa zona de marisqueo.
Cando chegamos o porto de Testal estaban a esperarnos as monitoras do Sabor da aventura que nos acompañaron durante toda a visita. 
O primeiro que fixemos foi a visita ao porto de Testal, un dos de maior actividade, onde se atopan a meirande parte das embarcacións dedicadas ao marisqueo a flote.




e a lonxa na que se clasifican e pesan os moluscos que se extraen da ría.















Logo visitamos á zona de marisqueo. Explicáronnos que a Ría de Muros Noia é moi produtiva no que a mariscos refírese, destacando a extracción de moluscos e bivalvos, especialmente ameixa e berberecho.






A forma de extraer os moluscos e bivalvos pode ser a través do marisqueo a pé ou o marisqueo á boia.

O marisqueo á boia é a actividade extractiva realizada desde unha embarcación na que poden estar un ou varios tripulantes enrolados e utilízanse como artes de pesca o rastro, anciño ou  angazo.




O marisqueo a pé é a actividade extractiva realizada maioritariamente por mulleres nas praias e utilízanse como artes de pesca o  sacho, anciño, fouce ou  rasqueta. 














Tivemos a ocasión de charlar cunha mariscadora e de probar como realiza o seu traballo. Foi toda unha experiencia.





Para rematar unha foto de grupo para despedir a visita á zona de marisqueo.


E chego a hora da super merenda de produtos do mar.



Coa finalidade de coñecer os alimentos do mar desde o punto de vista culinario, tivemos unha elaboración e degustación de preparacións, a base de produtos da terra e mar, onde cobrou especial protagonismo a participación dos nenos e nenas.


 Degustamos produtos como:





Empanada de peixe











Baritas de pescada





Que bo estaba todo!



Unha vez terminada a visita a Noia coa merenda mariñeira, non quixemos marcharnos para casa sen antes aprender novas cousas sobre as artes de pesca en Galicia. Desprazámonos ata Santiago de Compostela onde visitamos o Museo do Pobo Galego.




No museo descubrimos unha panorámica das manifestacións máis representativas da cultura propia de Galicia. Nas súas salas permanentes móstranse diversos aspectos do mundo do mar e dos oficios relacionados con el.




















miércoles, 13 de marzo de 2019

COÑECENDO AS VACAS

Hoxe, os alumnos de Ed. Infantil aprenden de que está recuberto o corpo da vaca Margarita visionando un vídeo sobre as vacas realizado polos alumnos e alumnas de tres anos do CEIP Doctor Castroviejo (curso 15-16) e escoitando a canción "Señora vaca" na que se nomean diferentes alimentos que obtemos do leite.




martes, 12 de marzo de 2019

SAÍMOS NA PRENSA

Mañá, mércores 13 no diario "La Región" aparecerá o noso centro. Nel trataranse varios aspetos, entre eles o noso proxecto Aliméntate ben. Tamén o vindeiro sábado 16, en Telemiño, sairán os nosos alumnos e alumnas falando sobre todo o que facemos no cole. Como por esta zona dita canle non se ve, en días sucesivos colgaremos o linke nos blogues do centro.
Esperamos que vos guste!

LA REGIÓN (ARTIGO DA REGIÓN: XORNAL ESCOLAR)






viernes, 8 de marzo de 2019

INFORMACIÓN AS FAMILIAS 2º PERÍODO FROITA



Continuación da información ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN" a través das circulares. 
Elaborouse unha nova nota con información sobre o 2º Período da distribución da froita no noso colexio.




Nota 2º Período da Froita