lunes, 19 de octubre de 2015

NOVO PROXECTO: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA II

Hoxe nace un novo proxecto no noso centro: 

"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA II"

 Este ano queremos continuar traballando os obxectivos formulados o longo dos cursos anteriores nos nosos proxectos. Volveremos a traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo da froita, dos lácteos, das conservas e do consumo de produtos do mar ;dentro do Programa Aliménta-T ben da Consellería do Medio Rural e do Mar no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.



O programa aproxima aos nenos e nenas ao medio rural e mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas, destinadas a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables. O alumnado pode experimentar, observar e chegar a descubrir as súas características e propiedades tan necesarias para nós. 

O noso centro participa nas catro modalidades do programa que son:

  1. Froita na escola.
  2. Lácteos na escola.
  3. Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar).
  4. O sabor da aventura está no mar.


Froita na escola:



Esta modalidade consiste no reparto de froita fresca ao alumnado de 3 a 16 anos de centros públicos e concertados.
Esta axuda ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares.
Poderán ser destinatarios da axuda o alumnado que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:
  • Segundo ciclo de educación infantil.
  • Educación primaria.
  • Educación secundaria obrigatoria.


Lácteos na escola:



Consiste na compra a prezo reducido de leite e produtos lácteos destinados ao alumnado de 0 a 18 anos de centros escolares públicos e concertado 
Esta axuda ten por obxecto a concesión a prezo reducido de leite e determinados produtos lácteos ao alumnado de centros escolares.
Destinatarios
Serán destinatarios desta axuda o alumnado que asistan regularmente aos centros ou establecementos escolares, recoñecidos polas autoridades competentes, dos niveis de ensino de educación infantil, primaria e secundaria.

Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar):


Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma. 
“As conservas temos unha chea de enerxía para o teu bocata”
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.
As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. serviranche para elaborar os teus propios bocatas!  Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!

O sabor da aventura está no mar:


Obxectivos:
  • Fomentar o consumo de peixe entre o alumnado de educación primaria
  • Familiarizar ao alumnado con mundo da pesca
  • Transmitir aos escolares a importancia do peixe e marisco na dieta
  • Coñecer as diferentes especies


Esta campaña ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias dándolles a probar nos comedores dos centros educativos diferentes pratos elaborados con peixe e marisco. Os seus destinatarios son os escolares de Educación Primaria e os seus profesores. 

   A partir de hoxe neste blog poderedes ver todas as actividades que levaremos a cabo durante todo o curso dentro do noso proxecto "Aliméntate ben para unha vida sa II"

jueves, 8 de octubre de 2015

COMEZOS DA DISTRIBUCIÓN DO LEITE NO NOSO COLEXIO

   Hoxe comezamos coa distribución de leite no noso colexio dentro da modalidade de Lácteos na escola do programa Aliménta-T ben, despois de concedernos a axuda solicitada para a subministración de leite aos nosos alumnos a través do FOGGA (Consellería do Medio Rural e do Mar).
  A partir desta semana e ata final de curso proporcionarase leite aos alumnos, subvencionada polo Plan de Leite nas escolas. O leite será repartido no comedor á hora do recreo e do xantar a todos aqueles alumnos que a soliciten. 
  Pídese ao alumnado e ás súas familias que aproveiten esta axuda e consuman leite na escola.

martes, 6 de octubre de 2015

INFORMACIÓN AS FAMILIAS (LÁCTEOS)

Continuación da información ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA II" a través das circulares. Elaborouse unha nova nota con información sobre o comezo da distribución do leite no noso colexio.

Nota modalidade: Lácteos na escola