viernes, 24 de marzo de 2017

DISTRIBUCIÓN DE FROITA NA ESCOLA 3º PERÍODO

Nesta semana levamos a cabo o  3º período (20/03/17 - 24/03/17) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas. As froitas entregadas foron: mandarina, plátano, melón, mazá e fresa.  

   A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.

   Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.

   Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.

   No seguinte vídeo podedes ver como foi a nosa repartición:


INFORMACIÓN AS FAMILIAS FIN 3º PERÍODO FROITA 16-17


Queremos informarvos que hoxe rematou o terceiro período do reparto de froita nos recreos. Dende o colexio queremos agradecervos a vosa participación durante esta semana no Plan de Froitas nas escolas / Proxecto: Aliméntate ben para unha vida sa III.

Grazas por participar nesta campaña.


Nota fin 3º período de froita na escola.


viernes, 17 de marzo de 2017

INFORMACIÓN AS FAMILIAS 3º PERÍODO FROITA

Información para ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA III”.
   Infórmase as familias que a partir do luns 20 de marzo teremos o 3º período de froita no noso colexio. 



 Nota 3º Período da Froita


viernes, 3 de marzo de 2017

DATOS DE CONSUMO DOS PRODUTOS NO MES DE FEBREIRO



Os datos de consumo do mes de febreiro foron os seguintes: 



O consumo de froita segue sendo bo en todas as variedades proporcionadas, chegando al 100 % de consumo nalgunhas delas.




O consumo de sardiñas ao longo do mes de febreiro segue sendo moi alto. 


En canto ao consumo de peixe no mes de febreiro, empeora algúns días baixando por baixo da media dos 22 alumnos que tiñamos como marca dos meses anteriores.