viernes, 24 de marzo de 2017

DISTRIBUCIÓN DE FROITA NA ESCOLA 3º PERÍODO

Nesta semana levamos a cabo o  3º período (20/03/17 - 24/03/17) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas. As froitas entregadas foron: mandarina, plátano, melón, mazá e fresa.  

   A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.

   Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.

   Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.

   No seguinte vídeo podedes ver como foi a nosa repartición: