martes, 21 de febrero de 2017

DEGUSTACIÓN DE ZUMES DE FROITAS

O día 20 de febreiro decidimos facer zumes de froitas no cole. Moitos rapaces e rapazas era a primeira vez que probaban zume de pera ou kiwi. En xeral, a actividade tivo boa acollida entre os nenos e nenas que decidían repetir.
Ah, a elegancia que mostramos nas imaxes é debida as mandas do Meco!


viernes, 17 de febrero de 2017

OBRADOIRO: "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"




   O noso centro participou hoxe na campaña “O SABOR DA AVENTURA ESTA NO MAR” cun obradoiro. É un programa proposto pola Consellería do Medio Rural e do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias.

OBXECTIVOS 

  1. Fomentar o consumo de peixe entre o alumnado de educación primaria 
  2. Familiarizar ao alumnado con mundo da pesca 
  3. Transmitir aos escolares a importancia do peixe e marisco na dieta 
  4. Coñecer as diferentes especies

   Artéllase en torno á realización de obradoiros de consumo, en forma de pequeno teatro nos propios centros educativos, e apóiase na edición de tres unidades didácticas e na dispoñibilidade doutros materiais a través da páxina web.






 No obradoiro os nosos alumnos e alumnas coñeceron a Luís "O Mariñeiro", as cociñeiras e aos "Arroases" que son unha pandilla de nenos con poderes debido a súa alimentación baseada no peixe e produtos do mar. Estes son: Sardiña, Rodaballo, Troita, Lirio, Xurelo, Pescada e Mexillón.


Pica nas imaxes e coñecerás máis cousas sobre eles.


Sabrosas receitas de peixeLuis el Patrón



 A sardiña Pescada Rodaballo

 Lirio Xurelo Troita
 Mexillón
    
   Tamén coñeceron diferentes animais mariños e produtos do mar.
 Fichas


 Mostráronlles aos nosos alumnos/as varias receitas de cociña que se poden facer con produtos do mar; o que máis lles sorprendeu foi a pizza de pulpo, converteron a os nosos nenos/as en pescadores, ensináronlles a clasificar diferentes tipos de peixes... e para rematar regaláronlles unhas gorras.

  Antes de marchar o Capitán, as Cociñeiras e os nosos alumnos/as asinaron unha carta de compromiso para comer máis pescado a partir dese momento. O tempo dirá se cumpren....





Aquí tedes unha galería de imaxes do obradoiro:



DISTRIBUCIÓN DE FROITA NA NOSA ESCOLA 2º PERÍODO

Continuamos co 2º período (13/02/17 - 19/02/17) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de febreiro. As froitas entregadas foron: mandarina, kiwi, laranxa, plátano e mazá.
   A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.

   Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.

   Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.

   No seguinte vídeo podedes ver como foi a nosa repartición:



INFORMACIÓN AS FAMILIAS FIN 2º PERÍODO FROITA 16-17

Continuación da información ás familias do Proxecto:"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA III” a través das circulares. 
   Elaborouse unha nova nota con información sobre o fin do 2º período de froita no noso colexio.


Nota fin 2º período de froita na escola.



jueves, 16 de febrero de 2017

INFORMACIÓN AS FAMILIAS: OBRADOIRO: "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"


Informamos a toda a comunidade educativa de que mañá día 17 de febreiro teremos no colexio o obradoiro: "O sabor da aventura está no mar". 
É un programa proposto pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias.
Artéllase en torno á realización de obradoiros de consumo, en forma de pequeno teatro nos propios centros educativos.

Nota Obradoiro: "O sabor da aventura está no mar"



viernes, 10 de febrero de 2017

INFORMACIÓN AS FAMILIAS 2º PERÍODO FROITA

Continuación da información ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA III” a través das circulares. 
   Elaborouse unha nova nota con información sobre o 2º Período da distribución da froita no noso colexio.



 Nota 2º Período da Froita



miércoles, 8 de febrero de 2017

OBRADOIRO DE SAÚDE: "TRABALLANDO POR UNHA MOCIDADE SAUDABLE"

Outro ano mais o colexio participou no Obradoiro de Saúde para centros de Ed. Infantil e Primaria da Xefatura Territorial de Ourense - Consellería de Sanidade. Este ano leva como título “TRABALLANDO POR UNHA MOCIDADE SAUDABLE" 


A actividade divídese en 3 partes complementarias:

1ª Parte: Relatorio sobre os hábitos saudables.

2ªParte: Concurso “OS CHEFS SAUDABLES”. O concurso consistiu na presentación, en formato vídeo, da elaboración dunha receita.

3ª Parte: Taller" Alimentando o futuro" para pais e mestres sobre elaboración de menús.

O noso centro participou nas dous primeiras partes.

1ª Parte: Relatorio sobre os hábitos saudables:


Nel traballamos aspectos relacionados cos hábitos saudables. A través dunha sesión de contacontos resaltouse a importancia da alimentación saudable e a actividade física. Introducíronse conceptos básicos sobre unha boa alimentación. Traballouse tamén aspectos relacionados coa adquisición de habilidades e competencias para a elección dos alimentos para unha alimentación saudable. Elaborouse un almorzo saudable virtual e un prato favorito para cada alumno.

No relatorio participou todo o alumnado do centro.





 2ªParte: 

Decidiuse participar no consurso "Os Chefs saudables" a través da elaboración dunha receita coa colaboración de todo o alumnado e persoal do centro. 




viernes, 3 de febrero de 2017

DATOS DE CONSUMO DOS PRODUTOS NO MES DE XANEIRO


Os datos de consumo do mes de Xaneiro foron os seguintes: 


O consumo de froita segue sendo bo en todas as variedades de froita consumidas durante este mes.


O consumo de sardiñas ao longo do mes de xaneiro segue sendo moi alto. 



En canto ao consumo de peixe no mes de xaneiro continua estando por encima dos 22 alumnos de media.