lunes, 23 de enero de 2017

ESPETADAS DE FROITA

O luns 23 de xaneiro reunímonos todos no comedor durante a hora do recreo para elaborar unhas espetadas de froita. Colocámonos por grupos ao redor das mesas do comedor.
As espetadas de froita son unha forma xenial de introducir todo tipo de froitas na alimentación dos máis pequenos, mesmo dos máis reticentes a comer froita.
A froita que utilizamos para as nosas espetadas foi laranxa, plátano, pera, mazá e kiwi.
Repartimos a froita entre todos os grupos, lavámola, pelámola, cortámola e colocámola en pratos para posteriormente utilizala nas espetadas. Logo picamos as froitas na espetada, alternando unhas con outras. Cada alumno puido escoller a froita que quixese para facer a súa espetada.
Que riquísimas estaban. 



DISTRIBUCIÓN DA FROITA NA NOSA ESCOLA 1º PERÍODO (CURSO 16-17)

  Comezamos co 1º período (16/01/17 - 22/01/17) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de xaneiro. As froitas entregadas foron: plátano, pera, mandarina, laranxa e mazá. 

    A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.

   Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.

   Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.

   No seguinte vídeo podedes ver como foi a nosa repartición:


viernes, 20 de enero de 2017

INFORMACIÓN AS FAMILIAS FIN 1º PERÍODO FROITA 16-17

Continuación da información ás familias do Proxecto:"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA III” a través das circulares. 
   Elaborouse unha nova nota con información sobre o fin do 1º período de froita no noso colexio.


Nota fin 1º período de froita na escola.



lunes, 16 de enero de 2017

COMEZO DA DISTRIBUCIÓN DA FROITA NO NOSO COLEXIO

Hoxe comezou o reparto de froita aos alumnos de todos os cursos do colexio subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas. 


A froita repartiuse no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e ás súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca en lugar das habituais galletas, bocadillo ou outro tipo de alimento elaborado.

   Os períodos de reparto de froita ao longo del curso serán:
  • Período 1 : 16/01/2017 o 22/01/2017
  • Período 2 : 13/02/2017 o 19/02/2017
  • Período 3 : 20/03/2017 o 26/03/2017
  • Período 4 : 08/05/2017 o 14/05/2017

viernes, 13 de enero de 2017

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

   Continuación da información ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA III” a través das circulares. Elaborouse unha nova nota con información sobre o comezo da distribución da froita no centro.



 Nota modalidade: Froita na escola.



martes, 10 de enero de 2017

DATOS DE CONSUMO DOS PRODUTOS NO 1º TRIMESTRE


Os datos de consumo do 1º trimestre foron os seguintes:

Na seguinte gráfica podemos ver as variedades de froita consumida durante estes tres meses e a súa evolución no consumo por parte do alumnado.


Nas seguintes gráficas podemos ver a evolución de consumo por cada variedade de froita consumida.










As froitas preferidas polos nosos alumnos neste trimestre foron o plátano e a sandía cun consumo do 100% dos alumnos. Seguidas pola pera e a mazá con aproximadamente o 93% de consumo. E en orde de menor consumo continúan laranxa, mandarina, melón e kiwi. Sendo a nectarina a froita menos consumida cun 82%.



En canto ao consumo de sardiñas neste trimestre podemos dicir que foi moi bo como podemos ver na seguinte gráfica.


A media de consumo durante todo o trimestre foi aproximadamente dun 93% do alumnado, é dicir, de 26 alumnos de 28. Co cal podemos dicir que a introdución da conservas de sardiñas foi un "éxito" como así o demostra o consumo entre o alumnado.

E por último, podemos ver que o consumo de peixe aumenta un pouquiño co paso dos meses como representa esta gráfica do 1º trimestre.


Se observamos as gráficas tendo en conta as variedades de peixe consumido: 

Vemos que o consumo de peixe conxelado aumenta gradualmente excepto algún día esporádico. 


O consumo de peixe fresco por parte dos nosos alumnos foi moi irregular ao longo destes meses. Alternando días dun consumo bastante alto con días de consumo máis baixo.

O consumo de peixe conxelado rebozado é moi alto por parte do noso alumnado e mantense regular no tempo.

Como conclusión deste trimestre podemos dicir:
  • No consumo de froita estamos por encima de 23 alumnos de 28 que a consomen diariamente a froita.
  • O consumo de sardiñas é superior sendo 25 alumnos de 28 quen as come.
  • Mentres no consumo de peixe partiamos dunha media de 16 a 19 alumnos que o comían a principios de curso, nestes momentos, pasado o trimestre estamos a movernos nuns datos de consumo de ao redor de 22 alumnos de 28 nos últimos días.


lunes, 9 de enero de 2017

DATOS DE CONSUMO DOS PRODUTOS NO MES DE DECEMBRO



Os datos de consumo do mes de decembro foron os seguintes: 


O consumo de froita segue sendo bo en todas as variedades de froita consumidas.



O consumo de sardiñas ao longo do mes de decembro segue sendo moi alto. 


En canto ao consumo de peixe no mes de decembro continua mellorando.