viernes, 28 de septiembre de 2018

DEGUSTAMOS OS PRODUTOS DO NOSO HORTO

Todos os produtos recollidos durante o mes de setembro os degustamos no noso comedor escolar. Fixemos ensaladas, guisos, purés, .... 



RECOLLEMOS OS PRODUTOS DURANTE O MES DE SETEMBRO


Durante todo o mes de setembro continuamos recollendo produtos do horto e coidándoo como podemos ver nas seguintes imaxes:









jueves, 13 de septiembre de 2018

DEGUSTAMOS OS PRODUTOS DO NOSO HORTO

Despois de recoller os produtos do noso horto que mellor que degustalos no noso marabilloso comedor escolar.
Estaban bos estes tomates e pementos con noso prato de peixe.



RECOLLEMOS OS PRODUTOS DO NOSO HORTO

Cando chegaron os nosos alumnos do verán, recollemos os nosos froitos, aquí tedes unha mostra:





miércoles, 12 de septiembre de 2018

VISTA DO NOSO HORTO DESPOIS DO VERÁN

Vista do noso horto cando volvemos no mes de setembro. 





MANTEMENTO DO HORTO DURANTE O VERÁN



Durante os meses de verán os mestres do colexio encargáronse de regar e de coidar o horto.


Este ano de novo, para facilitar a rega durante o verán e aforrar auga, colocamos unha rega automática en todo o horto. A través dos programadores, estableceuse un programa de rega que permitiu regar o horto en mellores condicións que outros anos en época estival e reducir as visitas ao colexio do profesorado no verán.

NOVO CURSO ESCOLAR 18-19

Hoxe día 12 de setembro comezamos un novo curso escolar (CURSO 2018-2019)  ao longo del tentaremos levar a cabo de novo os programas relacionados co PLAN  PROXECTA.

Plantexámonos continuar co noso proxecto para mellorar os hábitos alimenticios dos nosos alumnos, comprendemos que a escola serve como marco educativo para que as novas xeracións aprendan e adquiran uns hábitos de vida e actitudes saudables.

Volveremos traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo da froita, dos lácteos, das conservas e do consumo de produtos do mar, ademais do noso horto ecoloxico.

Todo isto dará orixe nos próximos días a un novo proxecto para este curso do cal vos informaremos puntualmente.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa por colaborar sempre connosco nos nosos proxectos.