miércoles, 12 de septiembre de 2018

NOVO CURSO ESCOLAR 18-19

Hoxe día 12 de setembro comezamos un novo curso escolar (CURSO 2018-2019)  ao longo del tentaremos levar a cabo de novo os programas relacionados co PLAN  PROXECTA.

Plantexámonos continuar co noso proxecto para mellorar os hábitos alimenticios dos nosos alumnos, comprendemos que a escola serve como marco educativo para que as novas xeracións aprendan e adquiran uns hábitos de vida e actitudes saudables.

Volveremos traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo da froita, dos lácteos, das conservas e do consumo de produtos do mar, ademais do noso horto ecoloxico.

Todo isto dará orixe nos próximos días a un novo proxecto para este curso do cal vos informaremos puntualmente.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa por colaborar sempre connosco nos nosos proxectos.