martes, 30 de abril de 2019

CONTINUAMOS FACENDO COMPOSTAXE

Durante todo o ano continuamos utilizando o composteiro, para poder reciclar o lixo orgánico do colexio e facer o noso propio abono orgánico e natural que utilizaremos para o noso horto.




Entre todos os alumnos de primaria e os profesores establecemos quendas cada día para trasladar os desperdicios ata o composteiro. Aos alumnos pequenos axúdanlles os alumnos maiores. 



Aos poucos conseguimos ir enchéndoo. 


miércoles, 24 de abril de 2019

MANTEMENTO DO HORTO

Comezamos a preparar as outras xardineiras para os novos hortos de verán. Retiramos as herbas e os restos de plantas secas.



Tamén utilizamos o noso pequeno cortabordes eléctrico para cortar a herba do horto.


jueves, 11 de abril de 2019

VISTA DO NOSO HORTO NO MES DE ABRIL

Mentres tanto o noso pequeno horto de inverno tiña este aspecto.







O noso perexil.












As nosas fabas de inverno









E os nosos hortos de primavera e verán estaban cheos de herba.







viernes, 5 de abril de 2019

PROBANDO PEIXES NOVOS


Dentro da nosa campaña de degustación de produtos do mar hoxe comemos no comedor escolar congro. 




miércoles, 3 de abril de 2019

A vaca que puxo un ovo

Aquí vos deixamos o traballo dos nenos e nenas de Atención Educativa de Educación Infantil durante este trimestre. Desexamos que vos guste!


martes, 2 de abril de 2019

NOTA OBRADORIO: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Infórmase a toda a comunidade educativa que o día 8 de abril pola maña teremos un Taller de elaboración de bocatas a base de conservas.
Pídese ao alumnado e ás súas familias que maña os nenos/as non traian ningún alimento na hora do recreo e poidan degustar os bocatas do taller. E animámoslles a seguir consumindo conservas. 


lunes, 1 de abril de 2019

RECOLLEMOS OS PRODUTOS DO NOSO HORTO

Regabamos os sementeiros por quendas para manter a humidade dentro do noso invernadoiro.

A principios de abril recollemos as cenorias que tiñamos sementadas no horto.




 






E do caldeiro pasaron á pota do puré. Que rico estaba!