lunes, 24 de junio de 2013

DIPLOMAS DA I CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITAS NAS ESCOLAS

Para rematar o curso e o proxecto por este ano, fixemos entrega a todos os nenos dun diploma como participantes na "I Campaña de Distribución de Froita na Escola", levada a cabo non noso colexio.




ENTREGA DE DIPLOMAS I CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA NAS ESCOLAS on PhotoPeach

viernes, 21 de junio de 2013

CONTINUACIÓN DA INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Continuación da información ás familias do Proxecto: “Froita para unha vida” a través das circulares. Elaborouse novas notas con información sobre os novos períodos da distribución da froita.

 

jueves, 20 de junio de 2013

FROITAS NA SOBREMESA DO XANTAR

Como bos cociñeiros preparamos unhas deliciosas sobremesas. Metemos as mans na froita, lavámola, pelámola, cortámola, collémola e fixemos espetos e xeados de froitas caseiros para a sobremesa do xantar. Estaban deliciosos !!!!!


SOBREMESA CON ESPETOS DE FROITAS on PhotoPeach

DISTIBUCIÓN DE FROITA NA NOSA ESCOLA

Proporcionouse froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante catro períodos nos meses de outubro, decembro, maio e xuño. As froitas entregadas foron: Albaricoque, amorodo, amorodo grande, kiwi, mandarina, mazá, pexego, melón, laranxa, néspera, pera, plátano, sandía e uvas.
A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.
Previamente á entrega de froitas ofreceuse unha charla educativa sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas no comedor.

Tamén na materia de Coñecemento do Medio en Primaria e na Área de Coñecemento do Contorno de infantil traballáronse aspectos relacionados con este tema.
Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición:

DISTRIBUCIÓN DE FROITA NO CEIP XOSÉ MANUEL FOLLA RESPINO on PhotoPeach

jueves, 6 de junio de 2013

DÍA DO ÁRBORE



O Día do Árbore plantamos no noso horto dúas árbores froiteiras: unha maceira e unha figueira, para conmemorar este día. Todos os alumnos e os mestres colaboraron na plantación.


miércoles, 5 de junio de 2013

ENTROIDO DE FROITAS

Como todos os anos celebramos o Entroido no noso colexio. Este ano decidimos que o tema sería: “As Froitas e as verduras”. Os nosos murais e as máscaras que decoraban o noso colexio facían referencia a este tema. 



Para o Concurso de máscaras de froitas empregamos como base estas máscaras de froitas:




Os nosos alumnos y as súas familias fixeron verdadeiras obras de arte. Aquí deixámosvos unha mostra das súas obras de arte:

MÁSCARAS DO CONCURSO DE FROITAS on PhotoPeach
 


Tamén decoramos o noso comedor coas mesmas máscaras feitas nas clases.



Os nosos disfraces para o desfile tamén estaban relacionados coas froitas e as verduras. Despois de moito traballo por parte de todos os nosos disfraces quedaron así:

ED. INFANTIL: “As verduriñas de Infantil”



1º CICLO: “As froitas do 1º ciclo”



2º CICLO: “As nosas uvas”



3º CICLO: “Sandías e amorodos”



OS MESTRES: “Campesiños”



Como sempre, o día do Entroido fixemos o tradicional desfile de comparsas polo patio do colexio para que as nosas familias visen o guapos que estabamos.


O noso baile este ano era do máis moderno e bailamos para as nosas familias un “Gangnam style froiteiro” Pasámolo bomba. Se queres vernos danzar aquí has de picar. 



Para rematar o festival fixemos entrega dun diploma a todos os alumnos pola súa participación no concurso de máscaras de froitas. 



lunes, 3 de junio de 2013

CAMPAÑA "NUNCA SEN ALMORZO"

Participouse na Campaña Nunca sen Almorzo na que tamén traballamos aspectos relacionados coa froita e o almorzo.
Xa que a escola é o lugar idóneo para promover a mellora de hábitos e actitudes saudables, dende a Xefatura Territorial de Sanidade e dentro do Programa Galego de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación, desenvolveuse a campaña “NUNCA SEN ALMORZO” pretendendo a formación e sensibilización necesaria para conseguir unha alimentación saudable.
Tendo en conta isto o Colexio participou en dita campaña coa elaboración dun almorzo para os alumnos, que tivo lugar as 10h 15 minutos da mañá, o MARTES día 22 de XANEIRO, no que puideron participar todos os nenos así como os pais /nais que o desexaron.

NUNCA SEN ALMORZO on PhotoPeach