miércoles, 25 de septiembre de 2013

NOVO CURSO 2013-2014

   Este ano ao comezo do curso prateámonos un novo proxecto relacionado coa necesidade de cambiar os hábitos alimenticios dos nosos alumnos.

   Dentro da formación, ademais das matemáticas ou a lingua, hai outros aspectos que convén non esquecer e entre eles está o da nutrición.

   Co traballo do curso pasado no noso centro, dentro do proxecto “Froita para unha vida” do Plan Proxecta, comprendemos que a escola serve como marco educativo para que as novas xeracións aprendan e adquiran uns hábitos de vida e actitudes saudables, e ao mesmo tempo, o menú e o aperitivo da mañá debe garantirlles unha alimentación sa e equilibrada que favoreza a súa saúde, o seu crecemento e desenvolvemento. Alimentación sa que moitas veces non reciben nas súas casas.

 Este ano queremos ir máis alá e aumentar os obxectivos do noso proxecto. A parte da froita, intentaremos traballar aspectos relacionados cos lácteos e as conservas do mar. Estamos convencidos que todo o noso traballo redunda en beneficio dos nosos alumnos e das súas futuras familias.