viernes, 20 de diciembre de 2013

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

No mes de decembro tivemos o “PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA”, esta é unha campaña promovida pola Consellería do Medio Rural e do Mar coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería Sanidad e Anfaco-Cecopesca, para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas de produtos do mar. 

Mais información en: 
www.ponlleaspilasaoteubocata.com

Nos explicaron as vantaxes das conservas do mar e degustamos uns marabillosos bocatas.



lunes, 16 de diciembre de 2013

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

Informamos as familias do Proxecto: "Conservas, lácteos e froita para unha vida sa" a través de circulares. Elaborouse numerosas notas con información sobre froita, conservas do mar e lácteos que foron enviadas ás familias para que coñeceran a campaña e a importancia da inxestión destes alimentos na dieta dos alumnos.

martes, 12 de noviembre de 2013

MAGOSTO


O magosto no colexio celebrouse o venres 8 de novembro. Este día é unha xornada de portas abertas para toda a comunidade educativa; pais, nais, antigos alumnos, concello …




No Magosto Escolar as nosas actividades xiraron entorno á castaña como alimento saudable e froito típico da nosa zona.




Celebrámolo cun xantar popular típico da época, bolos preñados, empanada, viño, refrescos … de postre, como non podía ser doutra maneira as nosas castañas recollidas en Manzalvos asadiñas!!!! Mmmm...





Este ano tivemos moi mala sorte co tempo polo que a comida tivo que ser dentro di pavillón e tivemos que suspender os xogos da tarde . 

EXCURSIÓN MANZALVOS (OURENSE)

A comezos  do mes de novembro decidimos traballar o outono fóra das aulas, e de que mellor maneira que cunha fermosa e agradable visita á natureza da pequena aldea de Manzalvos (Ourense).
Cando chegamos, fomos recoller un saquiño de castañas para asar no magosto do cole, aos preciosos castiñeiros milenarios cos que conta esta marabillosa aldea.



Despois paramos para comer na casa do pobo, que os veciños moi amablemente, nos prepararon ca cheminea, e nos deixaron utilizar.



E de postre fomos coller unhas riquísimas mazás.



Acompañounos un  simpático amigo


o que tamén lle gustaron os froitos do outono.


      Que lambrión!!!!!!


O noso Selfie de Manzalvos



Para recordar esta experiencia todo o curso confeccionamos un mural de imaxes:



lunes, 14 de octubre de 2013

DEGUSTACIÓN DE UVAS NO COMEDOR DO COLEXIO

Hoxe no comedor do colexio tivemos a nosa primeira toma de contacto coa distribución de froita. Degustamos unhas uvas das viñas próximas ao colexio que moi amablemente foron doadas por un pai. 
Estaban boas!!!

Puxémonos as botas









RECOLLIDA DE MELÓNS DO NOSO HORTO E DEGUSTACIÓN DESTES.

  Aproveitando o horto que temos no noso colexio decidimos plantar a nosa propia froita e así converternos non só en consumidores senón tamén en produtores. Puidemos observar todo o proceso de crecemento das nosas froitas. E chegou o día da recollida. O primeiro que recollemos foron uns melóns que nos souberon a gloria a todos.


  Mirar que ben nolo pasamos recollendo a nosa colleita:


RECOLLIDA DE MELÓNS on PhotoPeach

Non vexades que bos estaban:

martes, 8 de octubre de 2013

VISITA ADEGA D´BERNA

  A principios do mes de outubro fomos convidados á ADEGA “D´Berna”, en Córgomo, a pasar unha agradable xornada de vendima. Fomos moi ven recibidos, enseguida nos amosaron a adega onde vimos a embotelladora; os enormes depósitos para gardar o viño; as barricas para avellentar o viño,….
 Despois nos diriximos á viña, onde nos puxemos mans a obra. Todos comezamos a traballar e resultamos ser uns bos vendimaregos. Tamén puidemos degustar as uvas recén cortadas das vides.
 E xa para rematar a xornada fomos convidados a unha estupenda merenda, para repor forzas dunha dura xornada de traballo.
 Foi toda unha experiencia para eles como podedes ver nestas imaxes: 

Un día de vendimia na Adega D´Berna - Movie Maker


  Para recordar esta experiencia todo o curso confeccionamos un mural:






jueves, 3 de octubre de 2013

NOVO PROXECTO: "CONSERVAS, LÁCTEOS E FROITAS PARA UNHA VIDA SA"

  Hoxe nace un novo proxecto no noso centro:

"CONSERVAS, LÁCTEOS E FROITAS PARA UNHA VIDA SA"

  Este ano queremos ir máis alá e aumentar os obxectivos do noso proxecto anterior. A parte da froita, traballaremos aspectos relacionados cos lácteos e as conservas do mar, dentro do Programa Aliménta-T ben da Consellería do Medio Rural e do Mar no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  O obxectivo deste programa é a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo de froitas, lácteos ou conservas do mar, dependendo da modalidade. 

 O noso centro participa nas tres modalidades do programa que son:
                       1.Froita na escola 
                       2.Lácteos na escola
                       3.Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar)

  A partir de hoxe neste blog poderedes ver todas as actividades que levaremos a cabo durante todo o curso dentro do noso proxecto "Conservas, lácteos e froitas para unha vida sa".

miércoles, 25 de septiembre de 2013

NOVO CURSO 2013-2014

   Este ano ao comezo do curso prateámonos un novo proxecto relacionado coa necesidade de cambiar os hábitos alimenticios dos nosos alumnos.

   Dentro da formación, ademais das matemáticas ou a lingua, hai outros aspectos que convén non esquecer e entre eles está o da nutrición.

   Co traballo do curso pasado no noso centro, dentro do proxecto “Froita para unha vida” do Plan Proxecta, comprendemos que a escola serve como marco educativo para que as novas xeracións aprendan e adquiran uns hábitos de vida e actitudes saudables, e ao mesmo tempo, o menú e o aperitivo da mañá debe garantirlles unha alimentación sa e equilibrada que favoreza a súa saúde, o seu crecemento e desenvolvemento. Alimentación sa que moitas veces non reciben nas súas casas.

 Este ano queremos ir máis alá e aumentar os obxectivos do noso proxecto. A parte da froita, intentaremos traballar aspectos relacionados cos lácteos e as conservas do mar. Estamos convencidos que todo o noso traballo redunda en beneficio dos nosos alumnos e das súas futuras familias. 

lunes, 24 de junio de 2013

DIPLOMAS DA I CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITAS NAS ESCOLAS

Para rematar o curso e o proxecto por este ano, fixemos entrega a todos os nenos dun diploma como participantes na "I Campaña de Distribución de Froita na Escola", levada a cabo non noso colexio.




ENTREGA DE DIPLOMAS I CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA NAS ESCOLAS on PhotoPeach

viernes, 21 de junio de 2013

CONTINUACIÓN DA INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Continuación da información ás familias do Proxecto: “Froita para unha vida” a través das circulares. Elaborouse novas notas con información sobre os novos períodos da distribución da froita.

 

jueves, 20 de junio de 2013

FROITAS NA SOBREMESA DO XANTAR

Como bos cociñeiros preparamos unhas deliciosas sobremesas. Metemos as mans na froita, lavámola, pelámola, cortámola, collémola e fixemos espetos e xeados de froitas caseiros para a sobremesa do xantar. Estaban deliciosos !!!!!


SOBREMESA CON ESPETOS DE FROITAS on PhotoPeach

DISTIBUCIÓN DE FROITA NA NOSA ESCOLA

Proporcionouse froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante catro períodos nos meses de outubro, decembro, maio e xuño. As froitas entregadas foron: Albaricoque, amorodo, amorodo grande, kiwi, mandarina, mazá, pexego, melón, laranxa, néspera, pera, plátano, sandía e uvas.
A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.
Previamente á entrega de froitas ofreceuse unha charla educativa sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas no comedor.

Tamén na materia de Coñecemento do Medio en Primaria e na Área de Coñecemento do Contorno de infantil traballáronse aspectos relacionados con este tema.
Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición:

DISTRIBUCIÓN DE FROITA NO CEIP XOSÉ MANUEL FOLLA RESPINO on PhotoPeach

jueves, 6 de junio de 2013

DÍA DO ÁRBORE



O Día do Árbore plantamos no noso horto dúas árbores froiteiras: unha maceira e unha figueira, para conmemorar este día. Todos os alumnos e os mestres colaboraron na plantación.


miércoles, 5 de junio de 2013

ENTROIDO DE FROITAS

Como todos os anos celebramos o Entroido no noso colexio. Este ano decidimos que o tema sería: “As Froitas e as verduras”. Os nosos murais e as máscaras que decoraban o noso colexio facían referencia a este tema. 



Para o Concurso de máscaras de froitas empregamos como base estas máscaras de froitas:




Os nosos alumnos y as súas familias fixeron verdadeiras obras de arte. Aquí deixámosvos unha mostra das súas obras de arte:

MÁSCARAS DO CONCURSO DE FROITAS on PhotoPeach
 


Tamén decoramos o noso comedor coas mesmas máscaras feitas nas clases.



Os nosos disfraces para o desfile tamén estaban relacionados coas froitas e as verduras. Despois de moito traballo por parte de todos os nosos disfraces quedaron así:

ED. INFANTIL: “As verduriñas de Infantil”



1º CICLO: “As froitas do 1º ciclo”



2º CICLO: “As nosas uvas”



3º CICLO: “Sandías e amorodos”



OS MESTRES: “Campesiños”



Como sempre, o día do Entroido fixemos o tradicional desfile de comparsas polo patio do colexio para que as nosas familias visen o guapos que estabamos.


O noso baile este ano era do máis moderno e bailamos para as nosas familias un “Gangnam style froiteiro” Pasámolo bomba. Se queres vernos danzar aquí has de picar. 



Para rematar o festival fixemos entrega dun diploma a todos os alumnos pola súa participación no concurso de máscaras de froitas. 



lunes, 3 de junio de 2013

CAMPAÑA "NUNCA SEN ALMORZO"

Participouse na Campaña Nunca sen Almorzo na que tamén traballamos aspectos relacionados coa froita e o almorzo.
Xa que a escola é o lugar idóneo para promover a mellora de hábitos e actitudes saudables, dende a Xefatura Territorial de Sanidade e dentro do Programa Galego de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación, desenvolveuse a campaña “NUNCA SEN ALMORZO” pretendendo a formación e sensibilización necesaria para conseguir unha alimentación saudable.
Tendo en conta isto o Colexio participou en dita campaña coa elaboración dun almorzo para os alumnos, que tivo lugar as 10h 15 minutos da mañá, o MARTES día 22 de XANEIRO, no que puideron participar todos os nenos así como os pais /nais que o desexaron.

NUNCA SEN ALMORZO on PhotoPeach
 

miércoles, 29 de mayo de 2013

VISITA A UNHA FABRICA DE CASTAÑAS

O venres 7 de decembro visitamos unha nave de Castañas para ver a súa elaboración e distribución.
Estábamos impacientes por ver o que había dentro. Despois de poñer una bata branca e un gorro, porque a hixiene é moi importante, entramos directamente na zona de traballo onde nos explican todo o proceso da cadea de produción.

Que de cousas fixemos:



martes, 21 de mayo de 2013

MAGOSTO

XOGANDO, COMENDO E BAILANDO COA NOSA CASTAÑA
 
No Magosto Escolar as nosas actividades xiraron entorno á castaña como alimento saudable e froito típico da nosa zona.
 
Taller: crear bonecas con castañas.
A partires dunha castaña, neste taller creouse unha boneca. A cabeza era a propia castaña, había que colorear o corpo, recortalo e pagalo a un pau de madeira. Colocarlle o pelo, os ollos e o nariz con plastilina, e.. LISTA!
 
 
 
Estoupa o globo.
Facemos dous equipos, os azuis e os amarelos. Colocamos un globo no nocello de cada neno. Cada equipo terá que rebentar os globos dos compañeiros contrarios e recoller a castaña que leva o globo no seu interior. Ganará o equipo que máis castañas consiga.
 
 
 
Baila o son da música sen que caia a castaña
Por parellas, e cunha castaña na testa, terán que bailar o son da música, sen que caia a castaña.
 
Encesta a castaña.
Teremos que encestar castañas, nos diferentes botes, e conseguir o máximo de puntos posibles. Cada bote estará a distinta distancia e con distinta puntuación. Gañará o neno que consiga máis puntos.



 
Mirar que ben nolo pasamos:
 
 
MAGOSTO EN VILAMARTÍN on PhotoPeach

martes, 14 de mayo de 2013

DESCUBRINDO A FROITA DO NOSO CONTORNO

Os alumnos de Ed. Infantil visitaron unha Adega e vendimaron uvas.

Non mes de outubro coa posta en marcha do noso proxecto e aproveitando a vendima das múltiples adegas da zona, solicitamos permiso a unha delas para que os máis pequenos participasen nela. Durante a visita coñeceron as súas instalacións, vendimaron nas súas viñas e fabricaron mosto. Foi toda unha experiencia para eles que podedes ver nestas imaxes:

miércoles, 8 de mayo de 2013

INFORMACIÓN AS FAMILIAS


Informamos as familias do Proxecto: “Froita para unha vida” a través de circulares. Elaborouse numerosas notas con información sobre a froita que foron enviadas ás familias para que coñeceran a campaña e a importancia da inxestión de froita na dieta dos alumnos.

 

Notas Pais Plan de Froitas A

lunes, 6 de mayo de 2013

PRESENTACIÓN


       Este ano ao comezo do curso prateámonos un proxecto novo relacionado coa necesidade de cambiar os hábitos alimenticios dos nosos alumnos.

"FROITA PARA UNHA VIDA"
 
     O obxectivo desta proposta é incrementar o consumo de froitas e promover unha alimentación saudable na poboación escolar do noso colexio.
    Neste Blog podedes ver todas as actividades levadas a cabo no Plan Proxecta dentro do Programa: "Distribución de froitas aos centros escolares " pola comunidade educativa do CEIP XOSÉ MANUEL FOLLA RESPINO de Vilamartín de Valdeorras.