lunes, 20 de noviembre de 2017

NOVO PROXECTO: "ALIMÉNTATE BEN"


Hoxe saíu publicada a resolución definitiva dos proxectos admitidos do Plan Proxecta e foinos concedido un ano máis o Programa Aliméntate ben.

    
O noso novo proxecto é:

"ALIMÉNTATE BEN"

 Este ano queremos continuar traballando os obxectivos formulados o longo dos cursos anteriores nos nosos proxectos. Volveremos a traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo da froita, dos lácteos, das conservas e do consumo de produtos do mar ;dentro do Programa Aliménta-T ben da Consellería do Medio Rural e do Mar no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Pero ademais este ano traballaremos o consumo de produtos ecolóxicos a través do coñecemento dos seus beneficios no plano da saúde e do medio ambiente.



O noso centro participa nas modalidades do programa que son:

  1. Froita na escola.
  2. Lácteos na escola.
  3. Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar).
  4. O sabor da aventura está no mar.
  5. Xermoliño
  6. Fai do eco lóxico



Froita na escola:



Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de froita entre o alumnado de 3 a 16 anos de centros escolares. Ofrécese froita fresca fresca gratuíta a través da convocatoria do FOGGA.
Poderán ser destinatarios da axuda o alumnado que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:

  • Segundo ciclo de educación infantil.
  • Educación primaria.
  • Educación secundaria obrigatoria.
Páxina oficial do programa:



Lácteos na escola:



Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de produtos lácteos.

Destinatarios

Serán destinatarios desta axuda o alumnado que asistan regularmente aos centros ou establecementos escolares, recoñecidos polas autoridades competentes, dos niveis de ensino de educación infantil, primaria e secundaria.



Páxina oficial do programa:



Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar):


Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma. 

“As conservas temos unha chea de enerxía para o teu bocata”
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.

    As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. serviranche para elaborar os teus propios bocatas!  Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!

Páxina oficial do programa:





O sabor da aventura está no mar:



Obxectivos:

  • Fomentar o consumo de peixe entre o alumnado de educación primaria
  • Familiarizar ao alumnado con mundo da pesca
  • Transmitir aos escolares a importancia do peixe e marisco na dieta
  • Coñecer as diferentes especies



    Esta campaña ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias. Os seus destinatarios son os escolares e os seus mestres/as. 

Páxina oficial do programa:





Xermoliño



Esta modalidade ter por obxectivo producir un cambio de hábitos alimentarios na poboación infantil.


Fai do eco lóxico

É unha modalidade dirixida aos centros educativos, impulsada polo  Craega dentro do programa “Aliméntate Ben”  do ” Plan  Proxecta” . Ten como obxectivo principal fomentar o consumo de produtos ecolóxicos a través do coñecemento dos seus beneficios para a natureza e para ti.


Como xa sabemos, os produtos ecolóxicos son os que están libres de pesticidas, aditivos sintéticos e non teñen organismos xeneticamente modificados, ademais respectan o medio ambiente. Achegándonos a produción ecolóxica gañamos todos.

Páxina oficial do programa:







martes, 14 de noviembre de 2017

OBRADOIRO DE SAÚDE: "TRABALLANDO POR UNHA MOCIDADE SAUDABLE"

Un ano mais o colexio participou no Obradoiro de Saúde: “TRABALLANDO POR UNHA MOCIDADE SAUDABLE" para centros de Ed. Infantil e Primaria da Xefatura Territorial de Ourense - Consellería de Sanidade.

Esta campaña “Por  unha  mocidade  saudable” pretende sensibilizar e educar para previr a obesidade.

Esta actividade consiste nun Relatorio - Obradoiro sobre os hábitos saudables e dúas actividades complementarias:  Asesoramento dos menús escolares e o Concurso “ OS CHEFS SAUDABLES” (presentación, en formato vídeo, da elaboración dunha receita).

Este ano o centro só participou no Relatorio sobre os hábitos saudables: 

No relatorio participou todo o alumnado do centro.
Nel traballamos aspectos relacionados cos conceptos básicos para unha alimentación saudable e os beneficios da actividade física. 








Traballouse tamén aspectos relacionados coa adquisición de habilidades e competencias para a elección dos alimentos para unha alimentación saudable. 



Elaborouse un almorzo saudable virtual e un prato favorito para cada alumno.
















O programa para os máis pequenos inclúe un conto titulado “ Encolleu ou  xersei?”, cuxo argumento é o  descubrimento do aumento de peso nun de dous irmáns xemelgos dunha familia e os efectos que lle ocasiona así como as causas que o xeraron: inxesta diaria esaxerada de doces, non facer exercicio e ausencia de alimentos como as froitas e verduras.

viernes, 10 de noviembre de 2017

NOVO PROXECTO: "ALIMÉNTATE BEN"

Hoxe saíu publicada a resolución provisional dos proxectos admitidos do Plan Proxecta e foinos concedido un ano máis o Programa Aliméntate ben.

    O noso novo proxecto é:


"ALIMÉNTATE BEN"

O noso centro participa nas modalidades do programa que son:
  1. Froita na escola.
  2. Lácteos na escola.
  3. Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar).
  4. O sabor da aventura está no mar.
  5. Xermoliño
  6. Fai eco do lóxico

O MAGOSTO


Os ananos do outono
pintan as uvas
Os rapaces asexan
as mais maduras.
Tamén os gorrións
revoan entre as cepas
De dous en dous
                      Pura Vázquez


O día 10 de novembro organizamos no centro o Magosto, conmemoración festiva e popular tradicional celebrada en toda Galicia.

No Magosto Escolar as nosas actividades xiraron entorno á castaña como alimento saudable e froito típico da nosa zona.



Os mais cativos (Infantil e 1º ciclo) confeccionaron cestas coa mestra Paula.

E co mestre David na clase de plástica fixeron cestas para meter as castañas e distintivos para os xogos.


A nosa festa é unha invitación a pais/nais, antigos alumnos, Concello,... e para nós. 


É fundamental agradecer a labor da ANPA, dos nosos pais e nais e a achega do Concello para poder levar a cabo este día.










Para xantar nada mellor que o típico nestas fechas: empanada, bolos preñados, bica, refrescos sen faltar as esperadas castañas asadas.









E despois dun gran xantar, un pouquiño de actividade. O claustro de mestres organizou un circuíto de xogos, coa castaña como protagonista.


Xogo: Pesca de castañas

Cunhas canas construídas cunha anaco de madeira, un anaco de la e un  clip (anzol) temos que pescar unhas castañas dun recipiente que teñen outro  clip cravado.                                                 
Xogo-Obradoiro: Encesta castañas

Construímos cun vaso de plástico, un anaco de la, unha agulla de plástico, unha castaña perforada cun punzón e celo ancho un xoguete para xogar a encestar a castaña no vaso.


Xogo: Lanza castañas

Teremos que encestar castañas, nos diferentes botes, e conseguir o máximo de puntos posibles. Cada bote estará a distinta distancia e con distinta puntuación. Gañará o neno que consiga máis puntos.


Xogo: levar a castaña

Cada neno terá que recorrer un tramo con diferentes obstáculos cunha culler na boca na que levarán unha castaña, sen que esta caia o chan. Á volta terá que pasarlle a castaña á culler do seguinte compañeiro.



Mirade que ben o pasamos: