jueves, 29 de noviembre de 2018

RESOLUCIÓN DEFINITIVA PLAN PROXECTA

Hoxe saíu a Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados pola Resolución do 26 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2018/19.

Nela o noso centro saíu seleccionado definitivamente dentro dous programas Aliméntate ben e Protexe os animais.

jueves, 22 de noviembre de 2018

MANTEMENTO DO HORTO

No mes de novembro fixemos a nosa primeira adquisición coa compra dun pequeno cortabordes eléctrico para cortar a herba do horto.



Durante o inverno as partes do horto que non traballamos énchense de herba e esta máquina axudaranos a telas limpas e a preparalas para poder sementar e plantar na primavera.

jueves, 15 de noviembre de 2018

MANTEMENTO DO HORTO

Que o noso horto de verán estivese a producir ata ben entrado novembro condicionou o noso horto de inverno atrasándoo, xa que non contabamos con tempo material para atender e preparar para sementar ambos os hortos.

No mes de novembro acabamos de encher os corredores do horto con grava.




miércoles, 14 de noviembre de 2018

O MAGOSTO

O día 13 de novembro organizamos no centro o Magosto, conmemoración festiva e popular tradicional celebrada en toda Galicia.

No Magosto Escolar as nosas actividades xiraron entorno á castaña como alimento saudable e froito típico da nosa zona.



Os alumnos confeccionaron cestas co mestre Chema na clase de plástica e coa mestra Paula en Infantil para meter as castañas e distintivos para os xogos.




A nosa festa é unha invitación a pais/nais, antigos alumnos, Concello,... e para nós. 



É fundamental agradecer a labor da ANPA, dos nosos pais e nais e a achega do Concello para poder levar a cabo este día.






Para xantar nada mellor que o típico nestas fechas: empanada, bolos preñados, bica, refrescos sen faltar as esperadas castañas asadas.


















E despois dun gran xantar, un pouquiño de actividade. O claustro de mestres organizou un circuíto de xogos, coa castaña como protagonista.

Mirade que ben o pasamos: 

martes, 13 de noviembre de 2018

RESOLUCIÓN PROVISIONAL PLAN PROXECTA

Hoxe saíu a Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 10 da Resolución do 26 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2018/19.

Nela o noso centro saíu seleccionado de novo dentro dous programas Aliméntate ben e Protexe os animais.

viernes, 9 de noviembre de 2018

COMEZA A DISTRIBUCIÓN DO LEITE NO NOSO COLEXIO

Hoxe comezamos coa distribución de leite no noso colexio dentro da modalidade de Lácteos na escola, despois de concedernos a axuda solicitada para a subministración de leite aos nosos alumnos a través do FOGGA (Consellería do Medio Rural e do Mar).
A partir desta semana e ata final de curso proporcionarase leite aos alumnos, subvencionada polo Plan de Leite nas escolas. O leite será repartido no comedor a todos aqueles alumnos que a soliciten.
Pídese ao alumnado e ás súas familias que aproveiten esta axuda e consuman leite na escola.

INFORMACIÓN AS FAMILIAS (LÁCTEOS)

Elaborouse unha nova nota con información sobre o comezo da distribución do leite no noso colexio.

Nota modalidade: Lácteos na escola


lunes, 5 de noviembre de 2018

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO FAI ECO DO LÓXICO

    Unha vez máis a chegada do mes de setembro marcou o comezo do final do proxecto do ano anterior e o punto de partida do novo proxecto. Como sempre, durante os meses de setembro e outubro recollemos os produtos do horto e pechamos o proxecto anterior e comezamos a propoñer ideas para comezar o novo no curso actual. Este ano tivemos a sorte de que o bo tempo acompañásenos ao comezo das clases, o que fixo que o noso horto de verán estivese a producir ata ben entrado novembro. 
   No mes de novembro comezamos cos traballos e actividades do proxecto, actividades que se desenvolverían ao longo de todo este curso. 
   Continuamos traballando no horto a través dun obradoiro voluntario para alumnos e mestres. Estes voluntarios por quendas ao longo do ano van realizando as actividades relacionadas co horto que toquen en cada momento.

RECOLLEMOS PRODUTOS DURANTE O MES DE OUTUBRO

Como este ano o mes de outubro veu bo o noso horto tivo produtos ata novembro data en que co cambio de tempo pechamos a campaña do 2017-2018.








Da horta ao comedor para a súa degustación......