martes, 28 de mayo de 2019

NOVO HORTO DE VERÁN

A finais de maio comezamos a plantar o segundo horto de verán. Plantamos leitugas, tomates, cebolas, pementos e berenxenas do noso invernadoiro.






























O noso horto de verán.






Leitugas 











Cebolas


Berenxenas








Tomates




Pementos morróns e 
de Padrón









Vista do noso horto



martes, 21 de mayo de 2019

miércoles, 8 de mayo de 2019

COMEZAMOS CO HORTO DE VERÁN

Comezamos a plantar o noso primeiro horto de verán. O primeiro que plantamos foron leitugas e calabacins do invernadoiro.





Despois de plantar, o noso primeiro horto de primavera quedou así:






martes, 7 de mayo de 2019

CONTINUAMOS LABRANDO A TERRA

O mestre Chema continuou labrando os hortos para preparalos para plantar. Foi todo un acontecemento para os máis pequenos




Segundo labraba a terra ía abonando os hortos con esterco de vaca que nos deu unha veciña dun pobo do noso concello que ten dúas vacas.





Mentres Chema labraba a terra estivemos a quitar herbas dos hortos e dos corredores.




Imaxe do  horto despois de labralo








lunes, 6 de mayo de 2019

LABRAMOS A TERRA

A primeiros de maio o mestre Chema comezou a arar os hortos para preparalos para plantar.


Despois de unas cantas pasadas do arado a terra quedo así:


viernes, 3 de mayo de 2019

VISTA DOS NOSOS SEMENTEIROS

Seguimos coidando e regando os nosos viveiros que a finais de abril e principios de maio estaban así.






martes, 30 de abril de 2019

CONTINUAMOS FACENDO COMPOSTAXE

Durante todo o ano continuamos utilizando o composteiro, para poder reciclar o lixo orgánico do colexio e facer o noso propio abono orgánico e natural que utilizaremos para o noso horto.




Entre todos os alumnos de primaria e os profesores establecemos quendas cada día para trasladar os desperdicios ata o composteiro. Aos alumnos pequenos axúdanlles os alumnos maiores. 



Aos poucos conseguimos ir enchéndoo. 


miércoles, 24 de abril de 2019

MANTEMENTO DO HORTO

Comezamos a preparar as outras xardineiras para os novos hortos de verán. Retiramos as herbas e os restos de plantas secas.



Tamén utilizamos o noso pequeno cortabordes eléctrico para cortar a herba do horto.


jueves, 11 de abril de 2019

VISTA DO NOSO HORTO NO MES DE ABRIL

Mentres tanto o noso pequeno horto de inverno tiña este aspecto.







O noso perexil.












As nosas fabas de inverno









E os nosos hortos de primavera e verán estaban cheos de herba.