viernes, 22 de enero de 2016

INFORMACIÓN AS FAMILIAS FIN 1º PERÍODO FROITA 15-16

    Continuación da información ás familias do Proxecto:"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA II” a través das circulares. 
   Elaborouse unha nova nota con información sobre o fin do 1º período de froita no noso colexio.


Nota fin 1º período de froita na escola.


DISTRIBUCIÓN DA FROITA NA NOSA ESCOLA 1º PERÍODO (CURSO 15-16)

 Comezamos co 1º período (18/01/16 - 24/01/16) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de xaneiro. As froitas entregadas foron: kiwi, melón, mandarina, fresas e mazá. 

    A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.

   Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.

   Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.

   Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición:


lunes, 18 de enero de 2016

COMEZO DA DISTRIBUCIÓN DA FROITA NO NOSO COLEXIO


Hoxe comezou o reparto de froita aos alumnos de todos os cursos do colexio subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas. 


  
 A froita repartiuse no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e ás súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca en lugar das habituais galletas, bocadillo ou outro tipo de alimento elaborado.

   Os períodos de reparto de froita ao longo del curso serán:

      • Período 1 : 18/01/2016 o 24/01/2016
      • Período 2 : 22/02/2016 o 28/02/2016
      • Período 3 : 11/04/2016 o 17/04/2016
      • Período 4 : 23/05/2016 o 29/05/2016

viernes, 15 de enero de 2016

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

Continuación da información ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA II” a través das circulares. Elaborouse unha nova nota con información sobre o comezo da distribución da froita no noso colexio.



 Nota modalidade: Froita na escola.


Nota Plan de Froitas_15-16 by fesio00 on Scribd