viernes, 22 de enero de 2016

DISTRIBUCIÓN DA FROITA NA NOSA ESCOLA 1º PERÍODO (CURSO 15-16)

 Comezamos co 1º período (18/01/16 - 24/01/16) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de xaneiro. As froitas entregadas foron: kiwi, melón, mandarina, fresas e mazá. 

    A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.

   Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.

   Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.

   Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición: