jueves, 27 de noviembre de 2014

TRABALLO NAS AULAS DA MODALIDADE: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Durante o curso traballamos nas aulas esta modalidade do noso proxecto a través de fichas, de libros, das unidades didácticas do programa e de diverso material obtido en internet.
Como por exemplo: 
Na materia de Plástica fixemos debuxos e coloreamos algunhas fichas da páxina web do programa: 





Na materia de Coñecemento do medio traballamos aspectos relacionados coas especies de peixes, as súas características, ... . 

Aquí tedes unha pequena mostra do noso traballo de investigación:


Traballos de aula: O sabor da Aventura on PhotoPeach

miércoles, 26 de noviembre de 2014

OBRADOIRO: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR



   O noso centro participou hoxe na campaña “O SABOR DA AVENTURA ESTA NO MAR” cun obradoiro. É un programa proposto pola Consellería do Medio Rural e do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias.

OBXECTIVOS
  1. Fomentar o consumo de peixe entre o alumnado de educación primaria.
  2. Familiarizar ao alumnado con mundo da pesca.
  3. Transmitir aos escolares a importancia do peixe e marisco na dieta.
  4. Coñecer as diferentes especies.
   Artéllase en torno á realización de obradoiros de consumo, en forma de pequeno teatro nos propios centros educativos, e apóiase na edición de tres unidades didácticas (unha por cada ciclo de Primaria) e na dispoñibilidade doutros materiais a través da páxina web.

As nosas fotos no seu Blog:

Aquí tedes unha galería de imaxes do obradoiro:


martes, 25 de noviembre de 2014

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

   Informamos as familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA" a través de circulares. Elaborouse numerosas notas con información sobre froita, lácteos conservas e produtos do mar que foron enviadas ás familias para que coñeceran a campaña e a importancia da inxestión destes alimentos na dieta dos alumnos.

 Nota modalidade: O sabor da aventura está no mar.


Nota O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR by fesio00

viernes, 21 de noviembre de 2014

ENQUISAS DE HÁBITOS

   Colaboramos coa Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense na realización de enquisas de hábitos (alimentación / sono / actividade física / hixiene persoal e bucodental / actividades en familia) ás familias. 
     Resultados da enquisa pendentes de estudo.

ENQUISA DE HÁBITOS


jueves, 20 de noviembre de 2014

NUNCA SEN ALMORZO ... E SEMPRE RECREOS SAUDABLES

   Partindo do plan galego de prevención da obesidade infantil (PLAN XERMOLA) da Consellería de Sanidade, dende a Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense levouse a cabo durante este curso escolar 2014/2015 a actividade “NUNCA SEN ALMORZO… E SEMPRE RECREOS SAUDABLES”. Nela traballamos aspectos relacionados coa froita e os lácteos no almorzo e na merenda dos recreos. 
   Esta actividade pretendeu dar continuidade á xa iniciada en anos anteriores “NUNCA SEN ALMORZO”, polo que sen deixar de incidir na importancia que ten o almorzo nunha alimentación equilibrada e variada, avanzando un paso máis este ano, a campaña centrouse nos alimentos máis apropiados para o seu consumo nos recreos. 
 O Colexio CEIP XOSÉ MANUEL FOLLA RESPINO participou en dita campaña a través de dúas charlas e coa elaboración dunha merenda no recreo para os alumnos, que tivo lugar ás 12h 20 minutos do MÉRCORES día 19 de NOVEMBRO no colexio.

lunes, 10 de noviembre de 2014

MAGOSTO

   O venres 7 de novembro reunímonos toda a comunidade educativa para festexar o magosto. 


   No Magosto Escolar as nosas actividades xiraron entorno á castaña como alimento saudable e froito típico da nosa zona.
   A nosa festa de portas abertas é unha invitación a pais/nais, antigos alumnos, concello,... e nós. Nela comemos un gran xantar: Bolos preñados, empanada, bica, refrescos


e por suposto castañas asadiñas.


   Sempre agradecendo a labor da ANPA e a achega do Concello para poder levar a cabo este día.


   E despois dun gran xantar, un pouquiño de actividade. O claustro de mestres organizou un circuíto de xogos, catro en total, coa castaña como protagonista. 

Xogo: Rato que che pilla o gato
   Facemos un círculo e un cativo queda fora del. Cantamos a canción e o rematar pechamos os ollos. O cativo que quedou fora deixa unha castaña nas costas dun compañeiro e o abrir os ollos o que teña a castaña ten que perseguilo. Consegue salvarse dando unha volta o círculo métese no lugar do outro. 


Xogo: Relevo de castañas.
   Facemos uns equipos e poñémolos en fila. Cada neno terá que recorrer un tramo cunha culler na boca na que levarán unha castaña. Á volta terá que pasarlle a castaña á culler do seguinte compañeiro. Gañará o equipo que remate antes o relevo sen fallos. 


Xogo: lanzacastañas
  Nun panel ben grande, temos ocos con distintas puntuacións e dificultade. Deberemos lanzar castañas e conseguir o maior número de tantos posible.


Xogo: tres en raia coa castaña
   Contra a outro contrincante intentamos facer un tres en raia no taboleiro coas castañas.


Mirar que ben nolo pasamos: