viernes, 22 de septiembre de 2017

SEMANA DE UVA E DA VENDIMA

Un ano mais para comezar co noso futuro proxecto, do 18 ao 22 de setembro celebramos a semana das uvas e a vendima para coñecer mellor este froito típico da nosa terra. 
As actividades levadas a cabo este ano foron: 
Cata de zumes de uvas, visionado dunha presentación sobre a vendima cunha charla-coloquio e traballos en plástica. 
A semana comenzou cunha presentación na que os rapaces e rapazas podían ver como se facía o viño na antigüidade, os instrumentos necesarios, como era a vendima nos tempos dos seus avós, sistemas de corte, transporte das uvas, adegas, elaboración do viño,....







Despois ao longo da semana nos recreos fixemos no centro catas de zumes de diferentes tipos de uvas.











Traballamos nas aulas: as uvas e a vendima. Algúns exemplos:






viernes, 15 de septiembre de 2017

NOVO CURSO 2017 - 2018

      Un ano máis plantexámonos continuar co noso proxecto para mellorar os hábitos alimenticios dos nosos alumnos. Despois da nosa experiencia dos cursos pasados: “Froita para unha vida” (curso 12-13), “Conservas, lácteos e froitas para unha vida sa” (curso 13-14), “Aliméntate ben para unha vida sa I” (curso 14- 15), “Aliméntate ben para unha vida sa II” (curso 15 - 16), “Aliméntate ben para unha vida sa III” (curso 16-17) dentro do Plan Proxecta, comprendemos que a escola serve como marco educativo para que as novas xeracións aprendan e adquiran uns hábitos de vida e actitudes saudables.

   Moitas foron as actividades levadas a cabo nestes anos, moitas as horas dedicadas a concienciar aos alumnos sobre unha boa alimentación e moitos os mestres que participaron nos nosos proxectos. 

    Este ano coa renovación de gran parte do claustro do noso colexio ademais de traballar os obxectivos formulados nos nosos proxectos anteriores cunha nova perspectiva, pretendemos renovar e aumentar as actividades para levarlos a cabo. 

   Volveremos traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo da froita, dos lácteos, das conservas e do consumo de produtos do mar. Estamos convencidos que todo o noso traballo redunda en beneficio dos nosos alumnos e das súas futuras familias. 

    Todo isto dará orixe nos próximos días a un novo proxecto para este curso do cal vos informaremos puntualmente.

    Moitas grazas a toda a comunidade educativa por colaborar sempre connosco nos nosos proxectos.