martes, 31 de mayo de 2016

OBRADOIRO: "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

O noso centro participou hoxe nun Obradoiro da campaña "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR". 
Os alumnos gozaron de dous obradoiros adaptados a súas idades. Un obradoiro para os alumnos de infantil e 1º ciclo e outro para os alumnos de 2º e 3º ciclo.
A través dunha pequena obra de teatro aprenderon a coidar o mar, pescar os peixes adecuados, as profesións relacionadas co mar, receitas de peixe,...
Tamén aprendemos unha chea de cousas sobre o peixe a través de xogos. 
Ao final de cada obradoiro os alumnos asinaron unha carta de compromiso para comer mais pescado a partir dese momento. O tempo diranos se cumpren....




Aquí tedes unha galería de imaxes dos obradoiros:





Traballamos tamén nas aulas esta modalidade do noso proxecto a través de fichas, de libros, das unidades didácticas do programa e de diverso material obtido en internet dentro das materias de Plástica e Ciencias Naturais.
Alguns exemplos do noso traballo:













lunes, 30 de mayo de 2016

INFORMACIÓN AS FAMILIAS: OBRADOIRO: "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"


Informamos a toda a comunidade educativa de que mañá día 31 de maio teremos no colexio un novo obradoiro do sabor da aventura está no mar. 
É un programa proposto pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias.
Artéllase en torno á realización de obradoiros de consumo, en forma de pequeno teatro nos propios centros educativos.

Nota Obradoiro: "O sabor da aventura está no mar"


viernes, 27 de mayo de 2016

INFORMACIÓN AS FAMILIAS FIN 4º PERÍODO FROITA 15-16

Infórmase a toda a comunidade educativa que co 4º período de froita que foi entregado hoxe, concluímos coa distribución da froita no colexio por este curso. 

Agradecémoslles a todos os alumnos e ás súas familias a participación nesta campaña. E animámoslles a seguir consumindo froita. 

Nota Final 4º período de froita na escola.


DISTRIBUCIÓN DE FROITA NA ESCOLA 4º PERÍODO

Nesta semana levamos a cabo o 4º período (23/05/16 - 29/05/16) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas. As froitas entregadas foron: plátano, kiwi, mandarina, sandía e paraguayo. 

A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca. 

Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas. 

Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema. 

Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición:

viernes, 20 de mayo de 2016

INFORMACIÓN AS FAMILIAS 4º PERÍODO FROITA

O colexio quere informarvos sobre a continuación da campaña:
Plan de Froitas nas escolas 
 Proxecto: Aliméntate ben para unha vida sa II.

Queremos recordarvos que o luns día 23 de MAIO do 2016 comeza o CUARTO período de froita para os alumnos, subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas.

Nota 4º Período da froita

Nota Comenzo 4º Periodo_15-16 by fesio00 on Scribd