viernes, 19 de junio de 2015

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA



Un ano máis damos as grazas a toda a comunidade educativa do Ceip Xosé Manuel Folla Respino por colaborar connosco no noso proxecto.

Boas vacacións para todos!!






martes, 16 de junio de 2015

O NOSO COMPOST




Ao longo de todo o curso fabricamos compost cos desperdicios das froitas para o noso horto.











martes, 9 de junio de 2015

DISTRIBUCIÓN DE LEITE

Dende o mes de decembro comezamos coa distribución de leite aos alumnos subvencionada polo Plan de Lácteos nas escolas. O leite foi repartido no comedor á hora do recreo e da comida a todos aqueles alumnos que a solicitaron.



martes, 2 de junio de 2015

RECOLLEMOS E DEGUSTAMOS OS AMORODOS DO NOSO HORTO

   
   Este ano recollemos outra vez os amorodos do noso pequeno horto. Con moito cariño coidámolos durante todo o curso. Regámolos, quitámoslles as herbas..., e por fin durante os meses de maio e xuño todos recollemos e degustamos o seu froito.

Que bos están os nosos amorodos!!!