lunes, 23 de marzo de 2015

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

   Continuación da información ás familias do Proxecto:"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA” a través das circulares. 
   Elaborouse unha nova nota con información sobre o fin do  3º período de froita no noso colexio.


 Nota fin 3º período de froita na escola.


DISTRIBUCIÓN DE FROITA NA NOSA ESCOLA 3º PERÍODO

   Continuamos co 3º período (16/03/15 - 23/03/15) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de marzo. As froitas entregadas foron: kiwi, amorodo, pera e mazá.  

   A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.

   Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.

   Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.

   Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición:


3º PERÍODO DE FROITA 14-15 by Slidely Slideshow

viernes, 13 de marzo de 2015

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

   Continuación da información ás familias do Proxecto:"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA” a través das circulares. 
   Elaborouse unha nova nota con información sobre o 3º Período da distribución da froita no noso colexio.

 Nota 3º Período da Froita


2º OBRADOIRO: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR


      O noso centro participou nun novo Obradoiro da campaña “O SABOR DA AVENTURA ESTA NO MAR” no mes de marzo. É un programa proposto pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias.
  Esta campaña ten o dobre obxetivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias dándolles a probar nos comedores dos centros educativos diferentes pratos elaborados con peixe e marisco. Os seus destinatarios son os escolares de Educación Primaria e os seus profesores.
  Artéllase en torno á realización de obradoiros de consumo, en forma de pequeno teatro nos propios centros educativos, e apóiase na edición de tres unidades didácticas (unha por cada ciclo de Primaria) e na dispoñibilidade doutros materiais a través da páxina web.



As nosas fotos no seu Blog:



Aquí tedes unha galería de imaxes do obradoiro:


2º Obradoiro: "O sabor da aventura está no mar" on PhotoPeach

jueves, 12 de marzo de 2015

INFORMACIÓN AS FAMILIAS


 Continuación da información ás familias do Proxecto:"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA” a través das circulares. 
    Elaborouse unha nova nota con información sobre o 2º Obradoiro do Sabor da aventura está no mar.

Nota 2º Obradoiro O sabor da aventura.


Nota 2º Obradoiro O sabor da aventura está no mar by fesio00