miércoles, 27 de febrero de 2019

SOMOS MARGARITA

Nada mellor nesta semana de Entroido que converternos en Margarita por un ratiño. Mirade que guapos están os alumnos de infantil.


lunes, 25 de febrero de 2019

OBRADOIRO DE SAÚDE: "TRABALLANDO POR UNHA MOCIDADE SAUDABLE"

Un ano mais o colexio participou no Obradoiro de Saúde: “TRABALLANDO POR UNHA MOCIDADE SAUDABLE" para centros de Ed. Infantil e Primaria da Xefatura Territorial de Ourense - Consellería de Sanidade.

Esta campaña “Por  unha  mocidade  saudable” pretende sensibilizar e educar para previr a obesidade.



Esta actividade consiste nun Relatorio - Obradoiro sobre os hábitos saudables. No relatorio participou todo o alumnado do centro.






Nel traballamos aspectos relacionados cos conceptos básicos para unha alimentación saudable e os beneficios da actividade física. Traballouse tamén aspectos relacionados coa adquisición de habilidades e competencias para a elección dos alimentos para unha alimentación saudable. 







DISTRIBUCIÓN DA FROITA NA NOSA ESCOLA 1º PERÍODO (CURSO 18-19)

Comezamos co 1º período (11/02/19 - 22/02/19) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de febreiro. As froitas entregadas foron: pera, mandarina, laranxa, mazá, kiwi e amorodos. 

A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.

Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.

Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.

No seguinte vídeo podedes ver como foi a nosa repartición:


viernes, 22 de febrero de 2019

INFORMACIÓN AS FAMILIAS FIN 1º PERÍODO FROITA 18-19



Continuación da información ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN” a través das circulares. 
Elaborouse unha nova nota con información sobre o fin do 1º período de froita no noso colexio.



Nota fin 1º período de froita na escola.



lunes, 18 de febrero de 2019

CARTEL DO NOSO RECUNCHO

Dentro do Proxecto Margarita os alumnos de 5º e 6º colaboran cos carteis do noso futuro recuncho que instalaremos no comedor do colexio. Nel expoñeranse os traballos realizados sobre lácteos e ademais realizaremos as degustacións de leite diarias.




jueves, 14 de febrero de 2019

A VIDA DE MARGARITA

Os alumnos de infantil buscan a Margarita nos seus quebracabezas e descubren onde vive, quen a coida e a acompaña,... 



DEGUSTACIÓN DE LEITE

Como todos os recreos os alumnos seguen degustando leite do programa de lácteos. Os alumnos de infantil sempre son os primeiros en tomar o seu vaso antes de saír ao patio para xogar un intre. 



viernes, 8 de febrero de 2019

INFORMACIÓN AS FAMILIAS



Continuación da información ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN” a través das circulares. Elaborouse unha nova nota con información sobre o comezo da distribución da froita no centro.





Nota modalidade: Froita na escola


PARA QUE SERÁ?

Os nenos e nenas de atención educativa seguen a traballar a Margarita fixeron algo moi especial pero, para que será? onde se colocará?