lunes, 25 de febrero de 2019

DISTRIBUCIÓN DA FROITA NA NOSA ESCOLA 1º PERÍODO (CURSO 18-19)

Comezamos co 1º período (11/02/19 - 22/02/19) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas durante o mes de febreiro. As froitas entregadas foron: pera, mandarina, laranxa, mazá, kiwi e amorodos. 

A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.

Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.

Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.

No seguinte vídeo podedes ver como foi a nosa repartición: