Un ano mais o colexio participou no Obradoiro de Saúde: “TRABALLANDO POR UNHA MOCIDADE SAUDABLE" para centros de Ed. Infantil e Primaria da Xefatura Territorial de Ourense - Consellería de Sanidade.
Esta campaña “Por unha mocidade saudable” pretende sensibilizar e educar para previr a obesidade.
Nel traballamos aspectos relacionados cos conceptos básicos para unha alimentación saudable e os beneficios da actividade física. Traballouse tamén aspectos relacionados coa adquisición de habilidades e competencias para a elección dos alimentos para unha alimentación saudable.