viernes, 12 de mayo de 2017

DISTRIBUCIÓN DE FROITA NA ESCOLA 4º PERÍODO

Nesta semana levamos a cabo o 4º período (8/05/17 - 12/05/17) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas. As froitas entregadas foron: fresa, melón, sandía, mazá e plátano. 

A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca. 

Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas. 

Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema. 

No seguinte vídeo podedes ver como foi a nosa repartición:

INFORMACIÓN AS FAMILIAS FIN 4º PERÍODO FROITA 16-17

Infórmase a toda a comunidade educativa que co 4º período de froita que rematou hoxe, concluímos coa distribución da froita no colexio por este curso. 

Agradecémoslles a todos os alumnos e ás súas familias a participación nesta campaña. E animámoslles a seguir consumindo froita. 



Nota Final 4º período de froita na escola.


viernes, 5 de mayo de 2017

COMEMOS AS NOSAS FRESAS!

O día 4 de maio os nenos e nenas de Educación Infantil colleron as fresas do horto e merendaron con elas. Que boas estaban!!



INFORMACIÓN AS FAMILIAS 4º PERÍODO FROITA

O colexio quere informarvos sobre a continuación da campaña:
Plan de Froitas nas escolas 
 Proxecto: Aliméntate ben para unha vida sa III.


Queremos recordarvos que o luns día 8 de MAIO do 2017 comeza o CUARTO período de froita para os alumnos, subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas.



Nota 4º Período da froita


miércoles, 3 de mayo de 2017

DATOS DE CONSUMO DOS PRODUTOS NO MES DE ABRIL


Os datos de consumo do mes de abril foron os seguintes: 




O consumo de froita segue estando por encima dos 25 alumnos por día e variedade. 




O consumo de sardiñas estabilízase en 27 alumnos de 28. Case todos os alumnos coméronas agás unha nena.



En canto ao consumo de peixe no mes de abril volve subir a media por encima de 22 alumnos diarios que comen peixe que tiñamos como marca dos meses anteriores, agás un día.