viernes, 12 de mayo de 2017

DISTRIBUCIÓN DE FROITA NA ESCOLA 4º PERÍODO

Nesta semana levamos a cabo o 4º período (8/05/17 - 12/05/17) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas. As froitas entregadas foron: fresa, melón, sandía, mazá e plátano. 

A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca. 

Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas. 

Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema. 

No seguinte vídeo podedes ver como foi a nosa repartición: