martes, 27 de junio de 2017

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Un ano máis damos as grazas a toda a comunidade educativa do Ceip Xosé Manuel Folla Respino por colaborar connosco no noso proxecto.




Boas vacacións para todos!!


lunes, 26 de junio de 2017

DATOS DE CONSUMO DOS PRODUTOS NO CURSO 16-17

Dentro dos obxectivos que nos propuxemos para este curso estaba o de coñecer o consumo real de froita, conservas e peixe dos nosos alumnos no centro. 
Realizouse un control durante todo o curso sobre o consumo destes alimentos no comedor do colexio entre os alumnos de Ed.Primaria.
O número total de alumnos do estudo é de 28 repartidos por todos os cursos. 
Os datos os datos foron recollidos mensualmente, e trimestralmente e publicados neste blogue.

Como resumo final podemos dicir que os datos de consumo do curso 16/17 foron os seguintes:

No consumo de froita: 

Ao longo do curso foron moitas as variedades de froita consumida polos alumnos con maior ou menor aceptación.
No 1º trimestre o consumo de froita está de media por encima de 23 alumnos que a consomen diariamente. Durante el 2º trimestre mellora e ningún día baixa o consumo de 25 alumnos que a comen, independentemente da variedade proporcionada. Pero no 3º trimestre volve a baixar algún día o consumo de 25 alumnos. 
Si temos en conta un consumo mínimo de froita de 23 alumnos de media ao día dos 28 totales danos un 82% de consumo cifra bastante boa.

A continuación podemos ver as variedades consumidas e como varía o seu consumo ao longo do curso.












Como podemos observar a maioría das froitas son consumidas por el 90% (exemplo: laranxa, mandarina, mazá, melón, pera) do alumnado e algunhas case por o 100% (exemplo: amorodos, plátanos, sandía). 
Sendo a nectarina a froita menos consumida cun 82 % dos alumnos e o plátano a que mais cun 98´5 % dos alumnos ao longo do curso.

No consumo de conservas: 

Os datos recolleitos só fan referencia á conserva de sardiñas. 

Na seguinte gráfica podemos observar a evolución de consumo das sardiñas ao longo do curso.


Como podemos ver o consumo de sardiñas foi moi alto entre o noso alumnado chegando a rozar en case todas as ocasións o 100% con 27 alumnos. Unha análise máis detallada infórmanos de que 22 alumnos coméronas sempre. Soamente existe unha alumna que non comeu sardiñas en todo o curso e outros 5 alumnos que algunha vez deixáronas (1 alumna deixounas 4 veces, outra as deixou 2 veces e 3 alumnos deixáronas 1 vez).
Tendo en conta estes resultados consideramos un éxito o consumo de sardiñas entre o noso alumnado.

 No consumo de peixe:

Os datos recolleitos fan referencia ao consumo de peixe en tres modalidades: peixe fresco, peixe conxelado e peixe conxelado rebozado.

Nas seguintes gráficas podemos observar a evolución de consumo de peixe ao longo do curso nas tres modalidades.


En canto ao consumo de peixe como case sempre nos primeiros meses de comedor non foi moi bo (media de 16 a 19 alumnos que o comían).  No mes de novembro comenzou a mellorar pouco a pouco e a finais de decembro xa estabamos nuns datos de consumo medio ao redor de 22 alumnos. Ao longo do 2º trimestre moviámonos nun consumo entre 22 e 24 alumnos diarios que comen o peixe, agás algún día. No 3º trimestre o consumo de peixe continua mais o menos entre 22 e 24 alumnos diarios que comen o peixe, agás uns días a partir de final de abril, nos meses de maio e xuño, baixando por baixo da media dos 22 alumnos que tiñamos como marca dos meses anteriores.
Tendo en conta estes resultados consideramos que unha media de 22 alumnos sobre 28 (78,6 % do total) que comen peixe ao longo do curso esta moi ben. 
Unha análise máis detallada infórmanos que destes 28 alumnos soamente 4 alumnos comeron sempre o peixe, unha alumna non comeu o peixe en todo o curso, tres alumnos case nunca o comeron e os outros 20 alumnos deixárono algunha vez ao longo do curso. ( De 1 a 5 veces => 12 alumnos, 6 a 10 veces =>  7 alumnos, 11 a 20 veces=> 1 alumno).


Se observamos as gráficas tendo en conta as variedades de peixe consumido: 



No 1º trimestre o consumo de peixe conxelado aumenta gradualmente excepto algún día esporádico, chegando a obter valores entre 20 e 24 alumnos. No 2º trimestre o consumo estabilízase entre 22 e 24 alumnos diarios que comen o peixe conxelado, agás algún día. Pero no 3 trimestre a partir de finais de abril o consumo baixa moitos días dos 22 alumnos diarios que comían o peixe. 



No 1º trimestre o consumo de peixe fresco foi moi irregular. Alternando días dun consumo bastante alto con días de consumo máis baixo. No 2º trimestre o consumo estabilízase tamén entre 22 e 24 alumnos diarios que comen o peixe fresco, agás un día. No 3 º trimestre o consumo continua por encima de 22 alumnos.




O consumo de peixe conxelado rebozado é moi alto por parte do noso alumnado e mantense regular ao longo de todo o curso cunha media de consumo de 24 alumnos.

DATOS DE CONSUMO DOS PRODUTOS NO 3º TRIMESTRE


Os datos de consumo do 3º trimestre foron os seguintes:

Na seguinte gráfica podemos ver as variedades de froita consumida durante estes tres meses e a súa evolución no consumo por parte do alumnado.


Nas seguintes gráficas podemos ver a evolución de consumo por cada variedade de froita comida.










Os resultado de consumo de froita neste trimestre varían respecto da traxectoria que levabamos ao longo do curso. 
O consumo de fresas, kiwi e laranxa empeorou ao longo do trimestre. A mazá no último mes tivo unha baixada pronunciada de consumo. O da pera, da sandía e do melón mellora co tempo respecto ao trimestre anterior. E o consumo de plátano é como sempre con pequenas variacións. Mentres a nectarina mantén o seu consumo.

Observando os datos das gráficas podemos ver que o consumo das froitas baixa de 25 alumnos que a comen, independentemente da variedade proporcionada.



En canto ao consumo de sardiñas neste trimestre podemos dicir que continua sendo bo como podemos ver na seguinte gráfica.


A media de consumo durante todo o trimestre foi aproximadamente dun 97% do alumnado, é dicir, de 27 alumnos de 28, agás un día que baixo a 25 alumnos no consumo (90%).

E por último, podemos ver que o consumo de peixe continua mais o menos entre 22 e 24 alumnos diarios que comen o peixe, agás algún día como representa esta gráfica do 3º trimestre.



Se observamos as gráficas tendo en conta as variedades de peixe consumido: 



Vemos que o consumo de peixe conxelado baixa moitos días dos 22 e 24 alumnos diarios que comían o peixe.



O consumo de peixe fresco por parte dos nosos alumnos continua entre 22 e 24 alumnos diarios que comen o peixe fresco. 























O consumo de peixe conxelado rebozado mantense alto por parte do noso alumnado.

Como conclusión deste trimestre podemos dicir que:
  • O consumo de froita varía moito respecto aos trimestres anteriores, podemos ver que o consumo de varias froitas baixa de 25 alumnos que as comén.

  • O consumo de sardiñas segue achegándose ao 100 % do alumnado.
  • Mentres o consumo de peixe continua mais o menos entre 22 e 24 alumnos diarios que comen o peixe, agás uns días que os alumnos volven a non querer comer o peixe. 

DATOS DE CONSUMO DOS PRODUTOS NO MES DE XUÑO

O consumo do mes de xuño vén influenciado polo horario escolar que é só de mañá. A comida no comedor se levaba a cabo ao terminar a xornada lectiva e logo os alumnos vanse para casa. Moitos dos nosos alumnos non comen o suficiente, deixan a comida no prato ou ben simplemente cando hai algunha comida que non queren dinche que non a van a comer por que despois se van para casa e as súas familias téñenlles preparado algo (bocadillos, comida,etc). Isto fai que os datos recolleitos neste mes véxanse influenciados por este aspecto.

Os datos de consumo do mes de xuño foron os seguintes: 



Neste mes o consumo de froita segue sendo alto en todas as variedades proporcionadas aos alumnos, agás na mazá, no kiwi e na nectarina que baixa un pouco.


Mantense o consumo de sardiñas dos meses anteriores.



O consumo de peixe neste mes vese alterado polo horario escolar e do comedor. Empeora algún día baixando por baixo da media dos 22 alumnos que tiñamos como marca dos meses anteriores.



jueves, 8 de junio de 2017

O NOSO COMPOST

  Ao longo de todo o curso fabricamos compost cos desperdicios das froitas para o noso horto. Os alumnos por quendas colaboraban levando os restos ao composteiro.






viernes, 2 de junio de 2017

DE VISITA Á LONXA E MÁIS!

Grazas a nosa participación no programa "O sabor da aventura está no mar" promovido pola Consellería do Mar, o día 1 de xuño marchamos A Coruña a visitar a lonxa de Sada e o Aula do Mar del Faro de Mera.

Cando chegamos a Sada estaban a esperarnos as monitoras do Sabor da aventura que nos acompañaron durante toda a visita. 

Visita: Lonxa de Sada:

No porto de Sada visitamos a lonxa.




Entramos na sala de poxa do peixe e sentámonos nos seus asentos.









Explicáronnos como se realizaba a poxa a través da pantalla e duns botóns que tiñan os asentos.








Tivemos a sorte de admirar e de utilizar un reloxo de poxa que existe na lonxa que se utilizaba antigamente. 







Despois  visitamos a fabríca de xeo onde xogamos co xeo que usan para manter o fresco o peixe







e puidemos ver e tocar as redes e as nasas.





Visita: Aula do Mar del Faro de Mera.





Ao terminar a visita ao porto collemos o autocar e dirixímonos a Mera. Alí esperábannos na Aula do mar del Faro de Mera de para explicarnos muchisimas cousas relacionadas coa fauna, vexetación e ecosistemas mariños. 






Na visita puidemos observar os antigos focos do Faro de Mera




E chego a hora da super merenda de produtos do mar.





Fixemos unha degustación de produtos do mar: 








pizza de polbo, 













croquetas de pescada, ... 








Que bo estaba todo!




Un pequeno vídeo da nosa visita:



Se queres coñecer algo mais dos sitios visitados pica nas seguintes ligazóns:


http://mardesada.com/que-visitar/el-puerto/

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/turismo/monumento-natural/faro


http://www.ceida.org/aula-do-mar.html