miércoles, 27 de abril de 2016

NUNCA SEN ALMORZO .... E SEMPRE RECREOS SAUDABLES

Outro ano mais o colexio participou na campaña “NUNCA SEN ALMORZO… E SEMPRE RECREOS SAUDABLES”. Nela traballamos aspectos relacionados coa froita e os lácteos no almorzo e na merenda dos recreos.


O Informe Anual do Sistema Nacional de Saúde 2013 mostra que o 18,3 % nenos españois sofren sobrepeso e o 9,6% son obesos, cifras similares as que se están observando en Galicia, e a última Enquisa nacional de saúde refrexa que o sedentarismo entre os escolares de 5 a 14 xa chega ao 12,1 %. Estes datos corroboran que aínda segue a ser necesaría a promoción de hábitos saudables, no so co Plan galego de prevención da obesidade infantil (PLAN XERMOLA) que implantou no 2014 a Consellería de Sanidade, senón tamén con programas no ámbito escolar e familiar. Dende a Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense levouse a cabo durante este curso escolar 2015/2016 a actividade “NUNCA SEN ALMORZO… E SEMPRE RECREOS SAUDABLES”.


O obxectivo principal é o de informar e sensibilizar aos escolares da importancia dun almorzo correcto, dos alimentos máis apropiados para o seu consumo nos recreos e da actividade física. 



O Colexio CEIP XOSÉ MANUEL FOLLA RESPINO participou en dita campaña a través de unha charla e coa elaboración dunha merenda no recreo para os alumnos, que tivo lugar ás 12h 20 minutos do MARTES día 26 de ABRIL no colexio. 


Na actividade participaron membros da Consellería de Sanidade de Ourense, que informaron aos nenos sobre hábitos saudables de alimentación.


viernes, 15 de abril de 2016

INFORMACIÓN AS FAMILIAS FIN 3º PERÍODO FROITA 15-16

Infórmase a toda a comunidade educativa que a día de hoxe finaliza o 3º período de distribución de froita na escola.



Grazas por participar nesta campaña.





Nota fin 3º período de froita na escola.


DISTRIBUCIÓN DE FROITA NA ESCOLA 3º PERÍODO

 Nesta semana levamos a cabo o  3º período (11/04/16 - 17/04/16) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas. As froitas entregadas foron: fresas, plátano, melón, kiwi e piña.  

   A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca.

   Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas.

   Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema.

   Na seguinte galería de imaxes podedes ver como foi a nosa repartición:


viernes, 8 de abril de 2016

INFORMACIÓN AS FAMILIAS 3º PERÍODO FROITA

 Nova información para ás familias do Proxecto: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA II”.
   Nota con información sobre o 3º Período da distribución da froita no noso colexio.



 Nota 3º Período da Froita