lunes, 17 de diciembre de 2018

PROGRAMA CORES DA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO

Hoxe participamos no Programa Cores da Escola Galega de Consumo na modalidade de Obradoiro. O programa Cores pretende achegar a educación en materia de consumo responsable ao maior número de destinatarios posible, adaptándose ás súas necesidades.  Cores é o programa permanente da Escola Galega de Consumo ( EGC) a través do cal se ofertan talleres e charlas participativas ao longo de todo o ano. 


A temática escollida foi: Alimentación e etiquetado.


Aprendendo a ler etiquetas: Explicación das nocións básicas do etiquetado dos produtos a través dun xogo de descubrimento. Nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º. 







E Pirámide dos alimentos: A través do recurso didáctico A pirámide dos alimentos explícanse as características básicas dos distintos alimentos e como manter unha dieta equilibrada. Nos cursos de infantil e 1º e 2º.


jueves, 29 de noviembre de 2018

RESOLUCIÓN DEFINITIVA PLAN PROXECTA

Hoxe saíu a Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados pola Resolución do 26 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2018/19.

Nela o noso centro saíu seleccionado definitivamente dentro dous programas Aliméntate ben e Protexe os animais.

jueves, 22 de noviembre de 2018

MANTEMENTO DO HORTO

No mes de novembro fixemos a nosa primeira adquisición coa compra dun pequeno cortabordes eléctrico para cortar a herba do horto.



Durante o inverno as partes do horto que non traballamos énchense de herba e esta máquina axudaranos a telas limpas e a preparalas para poder sementar e plantar na primavera.

jueves, 15 de noviembre de 2018

MANTEMENTO DO HORTO

Que o noso horto de verán estivese a producir ata ben entrado novembro condicionou o noso horto de inverno atrasándoo, xa que non contabamos con tempo material para atender e preparar para sementar ambos os hortos.

No mes de novembro acabamos de encher os corredores do horto con grava.




miércoles, 14 de noviembre de 2018

O MAGOSTO

O día 13 de novembro organizamos no centro o Magosto, conmemoración festiva e popular tradicional celebrada en toda Galicia.

No Magosto Escolar as nosas actividades xiraron entorno á castaña como alimento saudable e froito típico da nosa zona.



Os alumnos confeccionaron cestas co mestre Chema na clase de plástica e coa mestra Paula en Infantil para meter as castañas e distintivos para os xogos.




A nosa festa é unha invitación a pais/nais, antigos alumnos, Concello,... e para nós. 



É fundamental agradecer a labor da ANPA, dos nosos pais e nais e a achega do Concello para poder levar a cabo este día.






Para xantar nada mellor que o típico nestas fechas: empanada, bolos preñados, bica, refrescos sen faltar as esperadas castañas asadas.


















E despois dun gran xantar, un pouquiño de actividade. O claustro de mestres organizou un circuíto de xogos, coa castaña como protagonista.

Mirade que ben o pasamos: 

martes, 13 de noviembre de 2018

RESOLUCIÓN PROVISIONAL PLAN PROXECTA

Hoxe saíu a Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 10 da Resolución do 26 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2018/19.

Nela o noso centro saíu seleccionado de novo dentro dous programas Aliméntate ben e Protexe os animais.

viernes, 9 de noviembre de 2018

COMEZA A DISTRIBUCIÓN DO LEITE NO NOSO COLEXIO

Hoxe comezamos coa distribución de leite no noso colexio dentro da modalidade de Lácteos na escola, despois de concedernos a axuda solicitada para a subministración de leite aos nosos alumnos a través do FOGGA (Consellería do Medio Rural e do Mar).
A partir desta semana e ata final de curso proporcionarase leite aos alumnos, subvencionada polo Plan de Leite nas escolas. O leite será repartido no comedor a todos aqueles alumnos que a soliciten.
Pídese ao alumnado e ás súas familias que aproveiten esta axuda e consuman leite na escola.

INFORMACIÓN AS FAMILIAS (LÁCTEOS)

Elaborouse unha nova nota con información sobre o comezo da distribución do leite no noso colexio.

Nota modalidade: Lácteos na escola


lunes, 5 de noviembre de 2018

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO FAI ECO DO LÓXICO

    Unha vez máis a chegada do mes de setembro marcou o comezo do final do proxecto do ano anterior e o punto de partida do novo proxecto. Como sempre, durante os meses de setembro e outubro recollemos os produtos do horto e pechamos o proxecto anterior e comezamos a propoñer ideas para comezar o novo no curso actual. Este ano tivemos a sorte de que o bo tempo acompañásenos ao comezo das clases, o que fixo que o noso horto de verán estivese a producir ata ben entrado novembro. 
   No mes de novembro comezamos cos traballos e actividades do proxecto, actividades que se desenvolverían ao longo de todo este curso. 
   Continuamos traballando no horto a través dun obradoiro voluntario para alumnos e mestres. Estes voluntarios por quendas ao longo do ano van realizando as actividades relacionadas co horto que toquen en cada momento.

RECOLLEMOS PRODUTOS DURANTE O MES DE OUTUBRO

Como este ano o mes de outubro veu bo o noso horto tivo produtos ata novembro data en que co cambio de tempo pechamos a campaña do 2017-2018.








Da horta ao comedor para a súa degustación......




jueves, 25 de octubre de 2018

NOVA SOLICITUDE PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN PARA O CURSO 18-19

Informámoslles que con data de hoxe día 25 de outubro o centro solicitou de novo o Programa Aliméntate ben do Plan Proxecta nas modalidades de:

  1. Froita na escola.
  2. Lácteos na escola.
  3. Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar).
  4. O sabor da aventura está no mar.
  5. Fai eco do lóxico.
  6. Xermoliño.

jueves, 18 de octubre de 2018

REPERCUSIÓN PREMIO PLAN PROXECTA



Grazas á obtención do accésit nos premios Plan Proxecta o noso centro saíu na prensa, ahí tedes as ligazóns:

Somos comarca

O Sil

Creando tu provincia

O faro de Vigo

Onda Cero

A VACA LUCY E A PANDILLA LÁCTEA


O pasado mércores 17 de outubro, o alumnado de Primaria e Ed. Infantil participou no programa escolar de consumo de leite e produtos lácteos "Goza de Lucy e a Cuadrilla Láctea" que comprende unha serie de medidas educativas e elaboradas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e apoiado pola Unión Europea.
Os obxectivos principais foron:
  • Promover hábitos e conductas saludables vinculadas ao consumo regular de leite e derivados lácteos entre os alumnos dos centros escolares.
  • Incrementar o coñecemento por parte dos alumnos acerca da cadea de produción de leite e productos lácteos, así como familiarizarlos cas actividades dos gandeiros no medio rural.
Con eles aprendemos moitas cousas: os derivados lácteos, a cantidade de leite producida ao día por unha vaca leiteira, a importancia do leite na nosa alimentación...


















Descubrimos quen é Lucy e como vive cun video moi divertido.


OBRADOIRO DOS ALUMNOS DE INF, 1º E 2º

















OBRADOIRO DOS ALUMNOS DE 3º, 4º, 5º E 6º













Realizamos actividades de recoñecemento dos produtos lácteos e regaláronnos unha pizarra imantada para a neveira na que debemos anotar o consumo semanal de lácteos.


Despois das charlas obsequiáronnos cuns paneis informativos sobre o leite e os produtos lácteos.




Ademais nos días posteriores realizamos fichas de actividades.


lunes, 15 de octubre de 2018

NOTA OBRADOIRO DE LÁCTEOS:




Infórmase a toda a comunidade educativa que o día 17 de Outubro pola maña no colexio teremos un Taller de lácteos dentro do Programa escolar de consumo de leite e produtos lácteos en centros escolares públicos.








lunes, 8 de octubre de 2018

PREMIO PLAN PROXECTA A NOSO CENTRO

Comezamos o curso cunha das mellores noticias posibles, o traballo que levamos a cabo dende hai dous anos no Plan Proxecta: Protexe os animais foi premiado cun accésit na categoría A dos premios Plan Proxecta sendo así o único centro da provincia de Ourense, na citada categoría, que recibe unha mención.
Moitas grazas a todas as familias, mestres, demais persoas e sobre todo aos propios alumnos e alumnas que fixeron posible chegar a isto.
Grazas

viernes, 28 de septiembre de 2018

DEGUSTAMOS OS PRODUTOS DO NOSO HORTO

Todos os produtos recollidos durante o mes de setembro os degustamos no noso comedor escolar. Fixemos ensaladas, guisos, purés, .... 



RECOLLEMOS OS PRODUTOS DURANTE O MES DE SETEMBRO


Durante todo o mes de setembro continuamos recollendo produtos do horto e coidándoo como podemos ver nas seguintes imaxes:









jueves, 13 de septiembre de 2018

DEGUSTAMOS OS PRODUTOS DO NOSO HORTO

Despois de recoller os produtos do noso horto que mellor que degustalos no noso marabilloso comedor escolar.
Estaban bos estes tomates e pementos con noso prato de peixe.



RECOLLEMOS OS PRODUTOS DO NOSO HORTO

Cando chegaron os nosos alumnos do verán, recollemos os nosos froitos, aquí tedes unha mostra: