martes, 24 de abril de 2018

DISTRIBUCIÓN DA FROITA NA NOSA ESCOLA 2º PERÍODO (CURSO 17-18)

Nestas semanas levamos a cabo o 2º período (9/04/18 - 20/04/18) da distribución de froita aos alumnos subvencionada polo Plan de Froitas nas escolas. As froitas entregadas foron: amorodos, melón, pera laranxa, mandarina, e plátano. 

A froita foi repartida no comedor á hora do recreo. Pediuse ao alumnado e as súas familias que durante estas semanas os nenos/as non trouxesen ningún alimento na hora do recreo e puidesen degustar a froita fresca. 

Previamente á entrega das froitas ofreceuse unha pequena charla sobre Educación Alimentaria e Nutricional en relación coas propiedades, consumo e características das Froitas consumidas. 

Tamén nas títorias traballáronse aspectos relacionados con este tema. 

No seguinte vídeo podedes ver como foi a nosa repartición: