martes, 3 de junio de 2014

PROBANDO FROITA: CATA ÁS CEGAS

Despois de case dous cursos dando froita a través do Plan de distribución de froitas nas escolas, seguímonos encontrando que moitos dos nosos alumnos cando lles dás certas froitas son remisos a comelas. Observamos que moitas veces é polo nome, outras a cor, outras pola forma ou textura da froita... , ou por que non as probaron nunca.
Tendo en conta isto ocorréusenos realizar unha actividade de Cata ás cegas de froitas. 
Intentamos con esta actividade facer ver os nosos alumnos que moitas veces sen probar e con prexuízos estámonos a perder verdadeiros manxares.
Utilizamos para a cata 10 froitas: Laranxa, mazá, pera, melón, melocotón, nectarina, sandía, mango, amorodos e kiwi.
A cata levámola a cabo no comedor. Primeiro fixemos zumes de todas estas froitas e colocámolos en pequenos vasos de plástico para que os nenos os probasen. Colocamos unha peza de cada froita debaixo dunha caixa ao lado do correspondente zume. Por ciclos os nenos foron pasando polas mesas. Primeiro probaban todos do zume e logo intentaban adiviñar a froita que se escondía debaixo da caixa.
Os nenos gozaron moito e gústolles moito a actividade.